Recomendacións para o coidado das maceiras durante estas semanas

Publicidade
Recomendacións para o coidado das maceiras durante estas semanas

A Consellería do Medio Rural ofrece no seu último boletín agrometerolóxico unha serie de recomendacións para o coidado das maceiras, tanto para mazá de sidra como de mesa, durante estas semanas.

O feito de ter superado o umbral de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  nas zonas das Mariñas Coruñesas, Barbanza, Bergantiños e Sarria, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida ovo-larvicida para esta praga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano. Para acadar boa actividade insecticida, compre efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Non obstante, debemos recordar que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos dá esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

Este tratamento tamén terá eficacia contra a larva da Broca, sobre todo nas comarcas de Sarria e Guntín (Lugo) e Ortegal (A Coruña).

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto, podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:

• Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.
• Alternar substancias con diferente modo de acción.
• Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.
• Respectar com rigor os prazos de seguridade.

Recomendacións dos técnicos da Asociacion de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL):

Se as maceiras están en agricultura ecolóxica:

Como larvicida contra o verme da mazá: Empregar virus da granulopse da Carpocapsa, Bacillus Thuringiensis ou Spinosad.

Se as maceiras están en produción integrada:
Ciomo ovo-larvicida (contra o verme da mazá) empregar Clorantraniliprol.

Recolección: 

Estanse a recoller as variedades de mesa Ambassy e Lafayette. Os criterios para levar a cabo unha recolección óptima poden ser de:

Natureza química:
    – contido en almidón (método I/IK)
    – azúcares solubles (º Brix)

Natureza física:
    – Cor
    – Firmeza (penetrómetro)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información