Recomendacións para o coidado das maceiras durante esta época

Publicidade
Recomendacións para o coidado das maceiras durante esta época

Primeiros síntomas de verme mazá

A Xunta de Galicia e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro veñen de emitir no seus últimos boletíns unhas recomendacións para o coidado das mazairas durante estes días. Lembra que estamos no momento axeitado para facer aclareo de froitos tanto en agricultura ecolóxica como en produción integrada. A época óptima de aclareo de froitos vai desde os 30 ós 45 días despois da plena floración (100% de flores abertas).

O mantemento do tempo húmido propiciou a aparición de novos síntomas do moteado nas maceiras, en especial nas follas (aínda non nos froitos) de plantas testemuña e nas variedades sensibles, polo que é recomendable renovar ó tratamento naquelas plantas susceptibles e/ou con síntomas.

Tamén é necesario manter as plantas protexidas se hai antecedentes de couza da mazá e non se efectúa un seguimento mediante trampas de feromonas.

Recomendacións:

-Maceiras de sidra: En todas as variedades, unha vez superada a floración, debemos de dar un tratamento a base dun insecticida e un funxicida sistémico.

-Maceiras de mesa: Nesta semana, debemos facer un tratamento cun insecticida-larvicida contra vermes da primeira xeneración de C. pomonella deste ano. O produto debe de estar cubrindo a folla e o froito antes da penetración do verme. Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

-Produtos recomendados:
Agricultura ecolóxica:
Funxicida: Polisulfuro de Calcio 18% (Dose 2%)
Insecticida pulgón: Aceite de Neem
Insecticida verme da mazá: Spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis

Agricultura integrada:

Funxicida sistémico: Tebuconazol.
Insecticida: Metil-Clorpirifos.

Outros cultivos

En canto á cerdeira, nesta semana aínda se observan máis froitos en maduración afectados por Monilia e botrite. Se non se aplica un tratamento antes da colleita (hai funxicidas autorizados con 3 días de prazo de seguridade) é conveniente facelo despois para eliminar inóculo de cara á próxima campaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información