Recomendacións para o coidado das froiteiras

Publicidade
Recomendacións para o coidado das froiteiras

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro lembra no seu último aviso fitosanitario a importancia de non descoidar a protección das maceiras, especialmente daquelas de variedades máis sensibles, fronte ao moteado, xa que en diversas comarcas e sobre diferentes variedades atópanse síntomas da enfermidade, situación favorecida sen dúbida pola elevada humidade das horas nocturnas e primeiras horas da mañá dos últimos días.

Tamén é importante actuar contra o Oídio nas maceiras e, se só hai uns poucos gromos afectados, cortalos e destruílos para frear o avance da enfermidade.

En canto aos pulgóns, é bastante xeneralizada a presenza de colonias de pulgón verde que non produce danos á froita (só ás follas dos gromos terminais), pero se as plantas son pequenas ou se plantaron con interese ornamental é conveniente aplicar un tratamento antes do enrolado total das follas. Tamén é conveniente protexer as árbores contra as couzas da mazá de maneira continua para evitar danos aos froitos se non se instalaron trampas, xa que a pesares de non ter recollido exemplares nesta semana a presenza desta praga pode variar en curtas distancias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información