Recomendacións para o coidado da viña durante esta semana

Publicidade
Recomendacións para o coidado da viña durante esta semana

Posta de Lobesia-frecha azul- e uvas afectadas podre. Foto: Estación de Areeiro

O último aviso fitosanitario emitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, ofrece unha información actualizadà sobre o estado sanitario dos viñedos na provincia. Estes son os seus datos e as súas recomendacións para as principais enfermidades fitopatolóxicas:

Mildio:

Na maioría das viñas de todas as comarcas xa está a iniciarse o pintado ou este atópase bastante avanzado. No mildio os síntomas a nivel dos acios limítanse a algúns rebuscos, mentres que nas follas a situación é variable, sen novas manchas nalgúns predios (e tamén nalgunha planta abandonada) ou con manchas novas noutros e noutras plantas abandonadas.

Nas viñas con manchas novas, aínda que outros anos podería perigar a boa maduración das uvas de producirse defoliación, a gran frondosidade que en xeral hai este ano fai que consideren que sexa capaz de contrarrestar ben a posible perda de follas ocasionada polo mildio. Polo tanto, a recomendación da equipa técnica da Estación de Areeiro é “en xeral é non tratar, salvo nas viñas menos vigorosas e máis atrasadas ou onde, coa melloría do tempo, empece a manifestarse unha cantidade excesiva de síntomas”.

Oídio:

Na revisión desta semana pasada detectaron un aumento dos síntomas de oídio. “Polo tanto, aínda convén manter a vixilancia, sobre todo nos predios con danos históricos de oídio e naqueles con danos anteriores nesta campaña, porque a uva non acadou o pleno pintado”, recomendan.

Black rot:

Outra semana máis, non observaron cambios en ningunha das parcelas visitadas. Naquelas viñas onde haxa acios afectados por este patóxeno, lembran que tamén convén proceder a eliminalos.

Botrite:

Nesta semana pasada os técnicos de Areeiro observaron algún síntoma máis deste fungo en dous predios, “pero menos do esperado á vista das condicións húmidas e cálidas que se rexistraron”. Co pintado a botrite pasa a ser a enfermidade que representa un risco maior ata a vendima, pero na súa aparición inflúe moito o estado das uvas canto a danos por outros organismos ou por outras cuestións.

Neste sentido, precisan que “nas viñas que visitamos en xeral é bo”. Polo tanto , aconsellan que “nas viñas coma estas, de momento basta con eliminar os acios/grans con danos tendo en conta que, segundo as previsións, darase unha melloría do tempo que non favorecerá ao fungo. Nas variedades especialmente sensibles ou onde haxa feridas nos grans, pódese aplicar un tratamento dirixido aos acios para evitar posibles danos. Os tratamentos deben ser realizados de xeito adecuado, mollando ben os acios en toda a súa superficie”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información