Recomendacións para evitar accidentes coa desbrozadora

ISGA DESBROZADORA 1A desbrozadora ou rozadoira é unha máquina cuxo uso se estendeu nos últimos anos debido ás vantaxes evidentes que aporta á hora de realizar labores de desbroce (maior rapidez e comodidade no traballo, versatilidade para cortar distintos tipos de vexetación..etc).

Porén, o seu uso tamén conleva riscos de accidentes laborais, que poden chegar a ser moi graves (cortes co disco ou coas coitelas, proxección de obxectos..etc).

Neste sentido, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) , organismo dependente da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ofrece as seguintes recomendacións para reducir o risco de accidentes.

Velaquí oito puntos clave que se recomenda observar:

1. Planificar e organizar o traballo:
Elixir e empregar os elementos de corte recomendados polo fabricante segundo a vexetación que se vaia cortar.

2. Equiparse cos equipos de protección individual (EPI´s) necesarios:
Casco, protectores auditivos, pantalla facial, lentes de protección , luvas de seguridade, roupa de seguridade e botas de seguridade con punteira reforzada.

Cómpre lembrar, en todo caso, que o equipo de seguridade non é infalible e non ofrece unha protección absoluta contra lesións e tampouco substitúe unha técnica de traballo seguro. Polo tanto, é imprescindible observar os consellos de seguridade tanto no uso da rozadoira como do equipo de protección individual.

3. Revisión e posta a punto da máquina:
Comprobar o bo estado e afiado das ferramentas de corte e das súas suxeicións e o correcto funcionamento dos elementos de seguridade.

4. Recarga de forma segura:
Co motor apagado e frío, empregando bidóns homologados, sen derramar combustible ou aceite. E por suposto, non fumar.

5. Colocación e axuste do arnés:
Axustar a altura da máquina en función da altura do operario, segundo as instrucións do fabricante.

6. Encendido:
Realizarase de maneira que o elemento de corte non bata no chan e suxeitarase o grupo motor, e non poderá haber outras persoas nun radio de 15 metros.

ISGA DESBROZADORA 2

7. Durante a roza:
-Non retirar nin desprazar as proteccións
-Manter a distancia de seguridade de máis de 15 metros
-Co cabezal de corte para cortar herba, manexar a máquina coma unha gadaña, con movementos en horizontal de esquerda a dereita ou vicecersa.
-Con coitelas trituradoras e de maleza, atacar a vexetación de arriba abaixo e sen levantar o elemento de corte por riba da cintura
-Coa serra circular, traballar no sector A de o disco e evitar sempre o C para evitar riscos .
-Situar a máquina no lado dereito do operario

ISGA DESBROZADORA 3

8. Transporte:
Apagar a máquina sempre nos desprazamentos, e asegurar a máquina no vehículo, para evitar derrames de combustible ou aceite

Descarga aquí a guía de boas prácticas do ISGGA no uso da rozadoira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información