Recomendacións en Galicia para previr a expansión da dermatose nodular contaxiosa

Recomendacións en Galicia para previr a expansión da dermatose nodular contaxiosa

Desinfección de boxes de recría. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural está a remitirlle circulares ás Agrupacións de Defensa Sanitaria de Galicia cunha serie de recomendacións para previr a entrada da enfermidade e encarar unha posible aparición de focos.

  • No caso de incorporar animais alleos á explotación, mantelos illados en sitios específicos na granxa, onde deben permanecer en corentena un mínimo de 21 días.
  • Evitar a entrada de vehículos e persoas relacionadas co comercio de gando nas explotacións, e de non ser posible, asegurarse dunha eficaz limpeza e desinfección de vehículos e persoas antes de entrar na explotación.
  • Asegurarse de que todos os vehículos de transporte de gando bovino son limpados e desinfectados de acordo coa normativa vixente nesta materia.
  • Manter as instalacións en bo estado de hixiene e limpeza, evitando o acumulo de materia orgánica, a fin de evitar a proliferación de moscas e outros insectos, que adoitan ser vehículos transmisores desta enfermidade.
  • Desinsectar animais e instalacións para evitar a presenza de moscas e outros insectos.

Vixilancia do gando e comunicación de sospeitas
Co fin de reducir o impacto, ante dúbidas sobre un posible caso, é fundamental a notificación precoz ao Servizo Veterinario Oficial (SVO) de calquera sospeita.

A estes efectos, é moi importante coñecer que a lesión máis característica desta enfermidade (a aparición de nódulos na pel que acaban por necrosarse e caer ao chan) non adoita aparecer ata transcorridos varios dias post-infección, sendo os signos clínicos iniciais máis inespecíficos (febre, decaemento, dimunución da produción láctea ou aumento das secrecións salivais, nasais ou oculares).

É fundamental por tanto incrementar a vixilancia pasiva diaria dos animais e a comunicación inmediata ao SVO de calquera signo sospeitoso.

A Generalitat de Cataluña tamén emitiu unha serie de pautas a seguir que se poden consultar no seguinte enlace:
Fitxa_LSD del SSA i Folleto_DNC del MAPA

Segundo caso de dermatose nodular en Girona e inicio da vacinación este mércores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información