A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Recomendacións de híbridos de millo Pioneer para a campaña 2022

Recomendacións de híbridos de millo Pioneer para a campaña 2022

Que millo de ensilado elixir para esta campaña?. Desde o servizo técnico de Pioneer, queremos destacar algúns híbridos elite, utilizados basicamente no mercado de gran, que nos poden axudar a maximizar a produción de almidón por hectárea, xa sexa en colleitas de gran húmido ou pastone, ou ben en ensilado de alta calidade:

  • P1049, é un híbrido de ciclo 600 moi produtivo e estable, ademais presenta unha boa tolerancia a condicións de limitación de auga. Híbrido AQUAmax.
  • P0900 é un ciclo 500 con excelente potencial produtivo e calidade de gran, con bo talo e tolerancia ó estrés hídrico.
  • P0937 é o híbrido máis produtivo do mercado. Un ciclo 500 que está a bater todas as marcas en calidade e cantidade.
  • P9241 é o ciclo 200 líder europeo en produción de materia seca. Con dobre aptitude gran/silo, é un híbrido estable e vigoroso. Híbrido AQUAmax.
  • P9234 é tamén un ciclo 200 que nos achega unha gran produción cunha elevada calidade de gran. San e con talo e raíces poderosas, tolera ben a limitación de auga. Híbrido AQUAmax.
  • P0362 é un ciclo 400 con excelente comportamento para produción de gran e con moi bo verdor á madurez, que lle permite encaixar perfectamente para a súa utilización para ensilado.

Optimizar a produción de millo, a alternativa fronte á escalada de custos nas granxas

Temos que lembrar como a principios deste ano, coincidindo co que a escala mundial se interpretou como o final da pandemia, rexistráronse fortes tensións no comercio internacional. O motivo, a escaseza conxuntural dos medios de transporte necesarios para manter as rutas comerciais con Europa desde Asia no seu conxunto e, sobre todo, desde China. Esta circunstancia deu lugar a un incremento dos prezos dos combustibles e a un severo encarecemento dos prezos de todas as importacións, chegando a triplicarse o prezo pagado até entón para traer un contedor de Asia a Europa.

Este feito, que impactou nos bens de consumo, fíxoo aínda máis nos de produción, motivando o encarecemento dos insumos, tamén no sector agropecuario. A posterior invasión de Ucraína por parte de Rusia, cuxo final é neste momento unha incógnita, desencadeou “unha tormenta perfecta”, ao limitar aínda máis o acceso a subministracións e produtos de ámbolos países, claves para o noso sector.

Este ano, máis que nunca, é a ocasión para sementar tanto millo como nos sexa posible, a fin de reducir custos

Centrándonos no caso das explotacións leiteiras, os gandeiros enfróntanse a un incremento exponencial dos custos de todos os insumos precisos para producir leite, coa enerxía e os pensos á cabeza e moi destacados. Pola contra, ven cada día como os seus prezos de venda non terminan de compensar o incremento rexistrado nos custos de produción. Situados nunha conxuntura na que se percibe por un litro de leite 38 céntimos aproximadamente e custa producilo ao redor de 40 céntimos, que facer para defender a rendibilidade da explotación?

A clave está no autoabastecimiento de todos aqueles insumos que podamos producir por nós mesmos. No caso da alimentación, é a ocasión para sementar tanto millo como nos sexa posible, de maneira que contemos na granxa cunha fonte de enerxía de calidade para o noso gando que nos asegure unha boa produción de leite.

Asesoramento
Neste contexto, é esencial contar cunha marca de calidade que nos ofreza un catálogo de produtos amplo e fiable, así como un servizo técnico profesional que nos axude a elixir o híbrido máis adecuado e a levar o cultivo adiante para sacar o máximo partido ao investimento que fagamos.

Póñase en contacto co seu asesor Pioneer e axudaralle a elixir a mellor opción para defender a rendibilidade da súa explotación e saír airoso dunha conxuntura tan difícil como a que vivimos nestes días.

Máis información sobre sementes de millo na web de Corteva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *