Reclaman a vacinación gratuíta contra a lingua azul en gando ovino e axudas ás ganderías

Unións Agrarias advirte de que “a enfermidade de lingua azul está afectar a moitas explotacións de ovino de Ourense”

Pastos secos na zona de Viana do Bolo.

Pastos secos na zona de Viana do Bolo. Foto: Cedida

Unións Agrarias ven de remitir un escrito a Consellería de Medio Rural no que se solicita de que este departamento Xunta de Galicia inicie a vacinación gratuíta das explotacións de ovino contra os novos serotipo 3 e serotipo 8 da lingua azual. Lembran que “estes dous serotipos, sobre todo o 3, poden resultar mais agresivos para as ovellas, como sucedeu o ano pasado en Extremadura”.

A organización agrartia tamén solicita a Consellaría do Medio Rural a posta en marcha de liñas de axudas para as explotacións que están a sufrir esta enfermidade “ao igual que fixeron outras comunidades autónomas como Andalucia e Extremadura o ano pasado cando sufriron os efectos da lingua azul nas súas ovellas”.

Neste sentido, dende UUAA lembran que “as explotacións afectadas representan un activo medioambiental imprescindible para o mantemento no espazo rural de franxas verdes que serven de cortalumes naturais nun entorno especialmente afectado pola desertización demográfica e o abandono da actividade agraria”. Neste contexto, consideran que “resulta imprescindible abrir de inmediato unha dobre liña de actuación para acoutar a expansión da enfermidade e tratar de salvar as granxas afectadas mediante liñas de axudas, estas explotacións que tradicionalmente teñen un volume de ingresos moi pequeno e que polo tanto son moi sensibles a este tipo de crises”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información