Reclamación do Sindicato Labrego pola cláusula de custes dos contratos do leite

Reclamación do Sindicato Labrego pola cláusula de custes dos contratos do leite

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito de denuncia na Agencia de Información y Control Alimentarios (Aica) no que cuestiona a cláusula que están a usar as industrias lácteas nos contratos do leite. Tal cláusula explicita que o prezo pactado cobre os custes de produción, o que a organización agraria considera que é “falso”.

A cuestión é que tralas protestas do agro a comezos do ano, o Goberno modificou a Lei da Cadea Alimentaria para obrigar a que figure nos contratos “indicación expresa de que o prezo pactado entre produtor primario agrario e o seu primeiro comprador cobre o custo efectivo de produción”.

Para demostrar que os novos contratos que se están a asinar, inclúan ou non a cláusula, incumpren sistematicamente a cobertura deses custes, o Sindicato Labrego Galego (SLG) cita na súa denuncia o Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do Ministerio de Agricultura, que sitúa os custes medios de produción das granxas lácteas galegas en 39 céntimos.

Na súa denuncia, a organización sinala á práctica maioría de operadores e industrias como culpables e “o inmenso temor ás represalias” que teñen as granxas de denunciar por si mesmas “ou de negarse a asinar uns contratos nos que non se di a verdade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información