Reciclaxe da madeira procedente das bateas

Hijos de Vicente Suárez (Outes) dálle unha segunda vida ó eucalipto procedente das bateas, nun exemplo de economía circular e redución de pegada de carbono, segundo destacou o director de XERA, Alfredo Fernández, durante unha visita á empresa

Publicidade
Reciclaxe da madeira procedente das bateas

A reutilización da madeira das bateas permite obter un produto único para o seu emprego en usos construtivos ou para a decoración de interiores cunha importante variedade de produtos para envolventes, paramentos, remates e mobiliario. Así o destacou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, durante a visita á firma Hijos de Vicente Súarez na localidade coruñesa de Outes

O director resaltou a aposta da industria forestal galega pola descarbonización do sector a través da implantación de procesos de produción sustentables baseados na economía circular. “A reciclaxe da madeira das bateas – subliñou – permite darlle unha segunda vida cun importante valor engadido como é a redución da pegada de carbono ademais de ser un excelente exemplo de economía circular, máis sustentable e competitiva”.

Alfredo Fernández Ríos tamén lembrou que Hijos de Vicente Suárez fai uso da ferramenta Fortra (Trazabilidade Forestal), a plataforma dixital impulsada pola Xunta de Galicia para que as empresas forestais e os consumidores poidan dar trazabilidade aos produtos baseados en madeira, rexistrando as operacións realizadas por todas as empresas que forman parte do proceso de transformación, dende que sae do bosque ata que chega ao mercado.

E, ao fío, puxo en valor os apoios do Goberno galego para a implantación de sistemas de dixitalización que permitan mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas que conforman toda a cadea de valor da industria forestal ao tempo que se aposta por procesos de produción con menos impacto ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información