Recepción á gandería Mantoño Holstein , mellor granxa por clasificación morfolóxica de Galicia, na Deputación de Lugo

recepcion depu lugo mantonho holsteinO deputado de Rural da Deputación de Lugo, Daniel García, recibiu no Pazo de San Marcos a Saúl Dorado, da gandería Mantoño Holstein, de San Xusto, en Barreiros, recentemente recoñecida pola Federación Frisona Galega (Fefriga) como a mellor granxa por clasificación morfolóxica de Galicia

Un recoñecemento que avala o traballo de selección e mellora xenética realizado nos últimos anos pola gandería barreirense para aumentar a rendibilidade da granxa, creada pola súa nai e o seu pai nos anos oitenta.

O carácter familiar da granxa púxose en relevo no acto, coa presenza das tres xeracións que sustentan a gandería, ademais da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que tamén participou do recoñecemento.

Daniel García referiuse a Mantoño Holstein como un “referente e  un modelo a seguir”  e un mostra de “compromiso co rural da comarca da Mariña e da provincia de Lugo”, e agradeceu a súa implicación en proxectos da área provincial como o programa formativo “Da Escola á Granxa” que achega a alumnado de infantil e primaria ao sector primaria con actividades en granxas e proxectos de emprendemento no rural.

A distinción honorífica concedida por Fefriga súmase a outros recoñecementos a nivel estatal recibidos nos últimos anos como  2ª mellor granxa por cualificación final en todo o estado español en 2024 ou o terceiro posto como mellores criadores de España, outorgado pola Confederación de Asociacións de Frisona Española en 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información