A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A raza Fleckvieh: experiencias en España e Austria

Coñecemos a valoración dun grupo de gandeiros españois tras realizar en Austria un AgroTour de geneticAustria no que se incluían visitas a ganderías, asociacións de criadores, varios centros de inseminación e unha feira gandeira

A raza Fleckvieh: experiencias en España e Austria

Delegacións de Irlanda do Norte, Holanda, España e Francia coñecendo ás estrelas do Centro de Inseminación OÖ Besamungsstation GmbH – Foto: geneticAUSTRIA.

Unha das maneiras de coñecer de preto a raza Fleckvieh, orixinaria de Austria, é mediante o AgroTour que organiza cada ano geneticAustria coa colaboración da firma galega Ganados Barreira.

Aquí, os participantes non só escoitarán sobre as últimas innovacións na cría de gando Fleckvieh, senón que terán a oportunidade de visitar ganderías austriacas e experimentar directamente as prácticas que fan posible o éxito na gandería moderna. A través de visitas a asociacións de criadores, a centros de inseminación, de interaccións con expertos en xenética, por exemplo DI Alexander Manrique Gómez, e a posibilidade de ver en acción sistemas de apareamento, de manexo, nutrición e de clasificación de conformación como o FleckScore, os asistentes poderán non só entender, senón realmente aprender.

O AgroTour de geneticAUSTRIA considérase como: A combinación perfecta entre gandería e cultura austriaca! Aquí séguese o principio que Confucio ensinounos: “Contáronmo e esquecino; vivino, entendino; fíxeno e aprendino”. Este percorrido non é só unha visita, senón unha oportunidade de inmersión total no mundo da xenética gandeira.

Estes días en Austria complétanse ademais con algunhas actividades de lecer turístico, de maneira que a iniciativa permite tanto coñecer o sector gandeiro e a raza Fleckvieh, así como outros atractivos do país.

A comezos de setembro un grupo de sete gandeiros de distintas zonas de España, entre elas Galicia, participaba nunha nova edición deste AgroTour en Austria. Falamos con eles sobre a visita, á vez que coñecemos a súa experiencia propia coa raza Fleckvieh.

Los nueve nuevos embajadores de la raza Fleckvieh Austria en España. (de izq. a der.): Miren Itziar, Javier, Antonio, Miren, Antonio Barreira (abajo), Antonio Peñarrubia, María Pilar, Anabel y Adrian – Foto: geneticAUSTRIA

Os nove embaixadores da raza Fleckvieh Austria en España. (de esq. a der.): Miren Itziar, Javier, Antonio, Miren, Antonio Barreira (abaixo), Antonio Peñarrubia, María Pilar, Anabel e Adrián – Foto: geneticAUSTRIA.

Miren Itziar Menéndez: “A vaca Fleckvieh é a raza máis rendible, pero hai que saber tratala”

Miren Itziar Menéndez confésase unha “namorada” da raza Fleckvieh. Esta gandeira de Vizcaia mantense ao pé das súas vacas na súa granxa onde manexa, xunto ao seu fillo, un rabaño de 54 cabezas de vacas da raza Fleckvieh. A súa gandería en ecolóxico foi unha das pioneiras en contar coa raza Fleckvieh en España hai xa 27 anos. “Eu a esta viaxe fun polas vacas e vin encantada”, recoñece.

As visitas a granxas permitíronlle ver bos exemplares e coñecer datos técnicos e do día a día das ganderías que considera interesantes. “Vin producións lácteas que non cría que se puidesen alcanzar. Tamén é verdade que eu estou en ecolóxico e a min non me gusta levar ao máximo aos meus animais”, apunta. “Vin moi bo gando, teñen vacas con moi boa xenética e de moita calidade e unhas medias de leite impensables”, indica.

A boa calidade das forraxes é outro dos aspectos que destaca do manexo das granxas austríacas. “Só me faltou ver vacas no pasto, porque as que vimos estaban todas na granxa e a min gústame que a vaca salga a pacer”, apunta.

“A xente que se dedica aos animais non debería de perderse esta oportunidade”

O AgroTour permitiulle tamén ver como valoran aos gandeiros no país. “Os gandeiros austríacos son moi curiosos e organizados e téñenos en alta estiman. Ademais, a sociedade valóraos como un piar fundamental, algo que aquí aínda falta e os gandeiros de base humilde somos aínda o felpudo da sociedade”, valora a gandeira.

“A xente que se dedica aos animais non debería de perderse esta oportunidade, porque che ofrece a posibilidade de observar toda a contorna no que se manexa o animal e aí hai moita información de utilidade. Merece moito a pena a experiencia”, valora a gandeira.

Austria 2

Miren Ardei: “A raza Fleckvieh pode ser unha maneira para subir calidades e ter unha achega extra pola súa calidade e carne”

A raza Fleckvieh de leite destaca polo seu dobre propósito, ao ser animais con boas producións de leite e de calidade, ao mesmo tempo que proporcionan un ingreso extra na venda polas súas canais. Este dobre propósito é precisamente o que resulta interesante para Miren Ardei, unha gandeira de Vizcaia que tamén participou no AgroTour. “A miña veciña Miren leva moitos anos con vacas Fleckvieh en ecolóxico, pero eu estaba interesada en ver esa raza en intensivo, en condicións similares ás que teño no meu rabaño”, explica Miren Ardei. Así, ambas se decidiron a participar no AgroTour.

Ardei ten xunto coa súa familia unha gandería de 250 vacas frisoas, con 130 delas en produción. “Non imos cambiar todo o rabaño de frisoas por Fleckvieh, non estamos en momento de facer ese cambio, pero si se baralla ter un lote de vacas Fleckvieh xa que pode ser unha vía para subir calidades e ter ingresos extra pola súa carne”, valora a gandeira.

O AgroTour serviulle para ver formas diferentes de traballar na granxa. “Para nós, que tentamos facer todo o traballo posible na granxa, o AgroTour permitiunos ver como xestionan eles as súas granxas e sempre ves cousas que poden resultarche de utilidade no teu día a día”, apunta.

Ademais, a gandeira participa nun proxecto de colaboración en Colombia destinado á muller rural e o AgroTour permitiulle coñecer esta raza de dobre propósito que pode ser unha opción interesante para traballar no país latinoamericano para proporcionar novas oportunidades para a comunidade de mulleres rurais.
Austria 3

Javier Souto: “Proporcionándolle boas forraxes, coa vaca Fleckvieh pódense obter bos rendementos”

Javier Souto é enxeñeiro agrónomo e colabora na gandería de vacún de leite que os seus pais teñen en Arzúa (A Coruña), cunhas 40 vacas en muxido, boa parte frisoas, pero tamén cruzaron xa con raza Fleckvieh. O AgroTour serviulle para ver distintas formas de traballar na granxa e coñecer máis sobre a raza Fleckvieh. “Proporcionándolle boas forraxes as vacas de raza Fleckvieh poden obter bos rendementos e mesmo reducirlle á achega de concentrado”, valora Souto en base aos datos que coñeceu na visita ás ganderías austríacas.

Outro dos aspectos que máis chamaron a atención é a dimensión das granxas e o coidado que teñen tanto as propias instalacións como os seus arredores. “En ganderías con 50 ou 60 vacas ves que vive a familia completa ou mesmo dúas familias e tampouco teñen o afán desmedido por aumentar o número de cabezas, como ocorre en boa parte das granxas galegas”, apunta.

Austria 4

Antonio Peñarrubia e María Pilar Rabadán: “O AgroTour deixounos máis tranquilos, vimos que a Fleckvieh ten moito futuro”

Antonio Peñarrubia e María Pilar Rabadán acaban de converterse hai pouco máis de 6 meses en gandeiros, unha aventura que emprenderon xunto ao seu fillo, con formación de perito agrónomo, e a súa nora, que é veterinaria. Decidiron apostar pola raza Fleckvieh para a súa gandería de carne en extensivo en terras de Albacete. Comezaron cunha trintena de animais de raza Fleckvieh proporcionados por Ganados Barreira. “Somos dos primeiros en apostar por este gando en extensivo nesta zona”, explica Antonio Peñarrubia.

O AgroTour brindoulles a oportunidade de coñecer de primeira man o manexo desta raza e coñecer a experiencia dos gandeiros. “O AgroTour deixounos máis tranquilos porque vimos que a Fleckvieh ten moito futuro e que a nosa aposta por esta raza foi acertada”, valora Peñarrubia.

O gandeiro destaca as calidades da raza, como un gando moi dócil e nobre, en base non só á súa experiencia senón polas opinións recollidas durante o AgroTour. A aposta decidida que fan en Austria pola xenética, co xenotipado de case todos os seus animais, é outro dos aspectos que destaca Peñarrubia.

“O AgroTour estivo moi ben organizado e permitiunos ver o manexo que fan dos animais nas súas granxas. Foi unha moi boa experiencia”, apunta María Pilar Rabadán. Así, pensan xa en poder realizar outro no que ver tamén ganderías en extensivo, xa que nesta ocasión as granxas estaban centradas na produción de leite en intensivo. Aínda que como recoñece Antonio, ó próximo AgroTour tocaralle ir ao seu fillo e a súa nora.

Austria 6

Adrián Vega: “O AgroTour é unha boa oportunidade para ampliar miras e ver cousas novas que poder aplicar na nosa gandería”

A familia de Adrián Vega ten como segunda actividade profesional un rabaño de 20 vacas Fleckvieh para a produción de carne en Cantabria. “Cando os meus pais deixaron a produción de leite con pintas e se pasaron á gandería de carne probamos con outras razas como a Limusin ou a Asturiana dos Vales, pero finalmente decidimos apostar pola Fleckvieh polas súas grandes virtudes”, explica o gandeiro, que comezou a traballar con esta raza hai 7 anos.

“O AgroTour é unha boa oportunidade para ampliar miras e ver cousas novas que poder aplicar na nosa gandería”, explica Vega. “Vin un gran contraste nos modelos de produción que teñen no país con respecto a como o temos aquí en Cantabria, con solucións innovadoras e sinxelas. Eles buscan moito a autosuficiencia, xa non só en forraxes senón mesmo no penso. O número de animais en lactación é relativamente baixo e apenas teñen recría, de maneira que venden moitos tenreiros e xatos, cunha alta rendibilidade, grazas á dobre aptitude desta raza, a súa lonxevidade e robustez”, comenta o gandeiro.

Outro dos aspecto que lle sorprendeu foi o manexo e o coidado pola xenética. Vega reafirma a importancia da dobre aptitude desta raza, mesmo nas razas cárnicas, xa que a boa produción de leite de calidade contribúe a criar mellores tenreiros. “A diferenza doutras razas, coas Fleckvieh os tenreiros non tes que metelos á tolva con penso aos dous meses, porque a nai aínda ten unha boa produción de leite, o que che permite reducir gastos e aumentar a rendibilidade á hora da venda”, argumenta.

Austria 5

Anabel Seco: “Mentres siga coa gandería terei algunha vaca Fleckvieh”

“O AgroTour foi unha gran experiencia”, apunta Anabel Seco, gandeira da Pastoriza (Lugo). No seu rabaño conta con algunha vaca Fleckvieh e recoñece que “mentres teña vacas seguirei con algunha desta raza”. A calidade da forraxe, a xestión que facían das granxas e o coidadosos que son os gandeiros austríacos foron algúns dos aspectos que máis destaca.

Do mesmo xeito que apunta Anabel Seco, o resto de gandeiros destacan a boa organización do AgroTour, non só polo programa diverso e interesante de actividades que incluía senón pola combinación de actividades que permiten coñecer o sector gandeiro, a raza Fleckvieh e ao mesmo tempo tamén gozar doutros atractivos turísticos do país.

Austria 7

Todos os participantes destacaron tamén o bo ambiente e a sintonía que se xerou entre os gandeiros chegados de distintas partes de España, formando un grupo moi enriquecedor no que se intercambiaban experiencias e opinións sobre o sector gandeiro.

Delegados de España junto a su guía y organizador DI Alexander Manrique Gómez de geneticAUSTRIA GmbH

Delegados de España xunto ó seu guía e organizador DI Alexander Manrique Gómez de geneticAUSTRIA GmbH.

Este AgroTour está deseñado para aqueles que buscan non só coñecemento teórico, senón a experiencia práctica que transforma a teoría en habilidade. Ao final do percorrido, cada participante levará consigo non só información, senón unha comprensión profunda que só a vivencia e a práctica poden ofrecer.

Únete a nós nos próximos AgroTours de geneticAUSTRIA e leva os teus coñecementos da gandería ao seguinte nivel: porque o que vivirás, entenderalo; e o que facemos, aprenderalo…

AgroTour en imaxes…

Buses cómodos e hoteis de bos estándares.

Buses cómodos e hoteis de bos estándares.

Austria a cuna da raza Fleckvieh.

Austria, a cuna da raza Fleckvieh.

Visitas ós lugares máis destacados do país.

Visitas ós lugares máis destacados do país.

Tour con guía técnica profesional en idioma castelán.

Tour con guía técnica profesional en idioma castelán.

Asociacións con máis de 150 anos de experiencia.

Asociacións con máis de 150 anos de experiencia.

Aprenda sobre o proceso de exportación en 70 países.

Aprenda sobre o proceso de exportación en 70 países.

Os centros de inseminación austríacos, os máis modernos da UE.

Os centros de inseminación austríacos, os máis modernos da UE.

Goce da hospitalidade dos gandeiros.

Goce da hospitalidade dos gandeiros.

Cada día unha experiencia inolvidable.

Cada día unha experiencia inolvidable.

Ideal para conectar lazos profesionais mundiais.

Ideal para conectar lazos profesionais mundiais.

Coñeza a élite...

Coñeza a élite…

E as estrelas protagonistas do país.

E as estrelas protagonistas do país.

Amosámoslle o camiño a seguir.

Amosámoslle o camiño a seguir.

Sen esquecer os espazos culturais.

Sen esquecer os espazos culturais.

Fleckvieh en Austria é paixón.

Fleckvieh en Austria é paixón.

E vostedes para Austria, os seus embaixadores...

E vostedes para Austria, os seus embaixadores…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *