A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Rapidez e fiabilidade no monte coas procesadoras e autocargadores Jonh Deere

Guifor presenta en Galiforest a nova serie H da marca líder no sector forestal. É unha gama de máquinas deseñada para incrementar o rendemento nas tarefas de corta e saca de madeira

Guifor procesadora John Deere 1270G 2Guifor, distribuidor oficial exclusivo da maquinaria forestal John Deere en España, presentará en Galiforest a nova gama de procesadoras e autocargadores da serie H.

Rapidez, alta produtividade e un funcionamento seguro e estable no monte son características comúns a todas as máquinas forestais da marca John Deere, compañía líder no sector forestal en maquinaria para tala e desembosque.

“Sabemos da importancia de ofrecer solucións para optimizar a produtividade da actividade de corta e saca de madeira dos nosos clientes, especialmente nun momento de subida dos custos de produción como o actual”, destaca Juan José Rodríguez, responsable de márketing da empresa guipuscoana, que conta con instalacións propias en Galicia no polígono industrial das Gándaras, en Lugo.

Guifor distribúe en exclusiva en España a liña de produtos forestais da marca John Deere, líder mundial en maquinaria para tala e desembosque

“Proporcionamos un servizo baseado na asistencia técnica especializada, na aposta por solucións innovadoras, na rapidez da subministración de recambios orixinais para maquinaria forestal e nun equipo técnico que nos converte nun referente nacional no sector forestal”, explica.

Autocargadores 2010H e 1610G

Autocargador John Deere 2010H

Novo autocargador 2010H, o segundo máis grande de John Deere, que será presentado en Galiforest

“Dentro do afán pola mellora continua ao servizo do madeirista, imos presentar en Galicia o autocargador 2010H, o segundo máis grande que fabrica John Deere, e un novo autocargador da serie G, o 1610G, de tamaño intermedio, con capacidade de carga de 16 toneladas”, detalla.

O modelo 2010H é un potente autocargador, cun espazo de carga de entre 6,5 e 7,5 metros cadrados. Entre as súas vantaxes, a cabina xiratoria e niveladora garante a mellor visibilidade da zona de traballo, asegurando ao operador unha posición ergueita cando a máquina traballa en terreos irregulares. Ademais, grazas ao control intelixente do brazo (IBC) de serie, o operador controla a punta da pinza e o sistema axusta automaticamente a traxectoria.

Grazas ao control intelixente do brazo (IBC) de serie, o operador controla a punta da pinza e o sistema axusta automaticamente a traxectoria

Pola súa banda, o autocargador 1610G combina as mellores características da popular serie G cun rendemento de nivel superior e facilidade de uso, ofrecendo máis capacidade, máis potencia, automatización intelixente e unha experiencia de operador familiar.

Grazas ao seu espazo de carga configurable, o modelo 1610G é áxil nos lugares estreitos pero ofrece a máxima capacidade cun amplo e versátil espazo de carga de 6,1 metros cadrados.

Á hora de cargar e descargar, a extensión de 10 metros da pluma con mangueiras internas garante un rendemento fiable do brazo hidráulico, reducindo o desgaste.

A cabina está deseñada pensando na comodidade dos operadores e o seu sistema de amortecemento reduce as vibracións e minimiza a tensión física durante o traballo. A excelente visibilidade facilita ademais o traballo de precisión.

Procesadoras 1270H e 1470H

Procesadora 1270G de John Deere, que destaca por sus prestaciones en el monte

Procesadora 1270G de John Deere, que destaca polas súas altas prestacións no monte

A procesadora John Deere 1270H é unha máquina de última xeración deseñada para maximizar a eficiencia nas operacións forestais. Equipada cun potente motor e tecnoloxía avanzada, este modelo ofrece un rendemento superior na corta e procesamento de madeira de diferentes tamaños.

Está equipada con dúas bombas de traballo e unha bomba de transmisión, o que proporciona unha potencia hidráulica superior para todas as súas funcións, reducindo ao mesmo tempo o consumo de combustible.

A nova serie incorpora unha gran potencia hidráulica e maior estabilidade grazas ao bloqueo do bastidor accionado por cilindros

O IBC é unha característica estándar en todas as procesadoras da Serie H. Grazas a esta tecnoloxía, o control do brazo faise máis preciso, rápido e sinxelo, permitindo ao operador concentrarse na punta do brazo en lugar de xestionar os movementos individuais das articulacións. Isto mellora a eficiencia e a produtividade nas operacións forestais, facilitando un traballo máis seguro e controlado.

En canto á nova procesadora 1470H, trátase dunha máquina de rodas cun brazo con gran altura de elevación e par de xiro. O bloqueo do bastidor accionado por cilindro garante que a procesadora se manteña estable en calquera tipo de terreo, proporcionando unha base segura mesmo ao traballar co brazo en posición lateral. Isto ofrece ao operador unha ampla zona de traballo sen comprometer a seguridade.

Servizos posvenda

Co fin de ofrecer todo tipo de solucións ao profesional da madeira, Guifor dispón dunha consolidada rede nacional de servizos posvenda, con talleres propios e asociados, para a reparación, mantemento e subministración de repostos.

“A nosa condición de distribuidor oficial proporciónanos acceso directo ás pezas de fábrica e, grazas ao noso almacén cun amplo stock de recambios, manexamos prazos de entrega de pezas de 24 horas”, indica Juan José.

36 anos ao carón do madeirista

Guifor John Deere

Guifor é unha empresa guipuscoana comprometida co sector madeireiro. Desde 1990 apoia a profesionalización e mecanización do sector forestal como distribuidor oficial da marca líder, tras a proposta de John Deere para converterse no distribuidor oficial do xigante norteamericano en España.

Despois de máis de 30 anos de colaboración, esta unión marcou a evolución da empresa. Guifor continúa medrando e ofrecendo aos seus clientes un servizo integral desde as súas tres sedes en España (Andalucía, Galicia e País Vasco). “Ofrecemos todo tipo de reparacións e acompañamos aos nosos clientes en todas as súas necesidades como profesionais da madeira”, destaca Juan José Rodríguez.

Ademais das procesadoras e autocargadores John Deere, Guifor completa o seu catálogo con outras marcas, como as taladoras Gilbert, as empacadoras Axsel ou as tesoiras forestais Omef.

CONTACTO

943 36 83 36

info@guifor.com

https://guifor.com/es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *