Esta mañá tivo lugar a presentación en Taboada de Raizames, o encontro da cultura do viño da Ribeira Sacra, que se celebrará do 23 ao 25 de maio. Velaquí a programación:
VENRES 23 DE MAIO
18.30h. Acto de apertura e inauguración do III Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, RaizameS.
19.00h. Descoberta de instalación fotográfica Retrátate (Praza de Riazón)
20.00h. PROXECCIÓN DOCUMENTAL “TABOADA DE RIBEIRA A RIBEIRA” (Auditorio da Casa Cuartel). Participan: David Pinancho e Noa López
21.00h. Cata guiada (Casa da Cultura)
SÁBADO 24 DE MAIO
10.00h a 13.00h. ROTEIRO “CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO” . Percorrido cultural do viño, con intervencións artísticas sorpresa e cata guiada. (Saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)
12.00h a 16.00h. ESPAZO ATMOSFERA VIÑO (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
14.00h. Concerto MEDIAREA (Praza de Riazón)
17.00h. ENCONTRO “O VIÑO, CON NOME DE MULLER” (Praza de Riazón)
Participan: Xulia Bande, viticultora e adegueir; Cristina Mantilla, enóloga; Andrea Obenza, viticultora e adegueira; Mariña Fernández, sumiller, e Rocío Cadahía, xornalista. Cata guiada, con nome de muller.
18.30h. ESPAZO INFANTIL E FAMILIAR “A VITICULTURA A TRAVÉS DOS SENTIDOS” (Praza de Riazón)
De 19.00h a 23.00h. ESPAZO ATMOSFERA VIÑO (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
21.30h. CONCERTO, ANDHREA AND THE BLACK CATS (Praza de Riazón)
23.00h. QUEIMA DUNHA FACHA (Praza de Riazón). Asociación As Fachas de Castelo
DOMINGO 25 DE MAIO
11.00h. ENCONTRO ESPAZO ADEGAS “O VIÑO, EMBAIXADOR DO TERRITORIO” (Pazo de Bembibre). Participan: Primitivo Lareu, Adega Sabatelius; Gema Campos, Adega Alouviño; Roberto Flammini, Adega Alma das Donas; Ana Belén López, Consello Regulador Ribeira Sacra, e Rebeca Vázquez, Fundación Belarmino Fernández. Cata guiada
De 12.00h a 16.00h. ESPAZO ATMOSFERA VIÑO (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
14.00h. CONCERTO, O CORO DA RÁ (Praza de Riazón)
15.30h. Brinde de feche do Encontro (Praza de Riazón)
*A xeito de instalación permanente:
Proxección audiovisual “TABOADA DE RIBEIRA A RIBEIRA” (Casa Cuartel)
Proxección audiovisual “Os Gardiáns das Cepas” (Casa Cuartel)
Proxección colección fotografías “Retrátate” (Casa Cuartel)
O Espazo Atmosfera Viño, contará con ambientación musical permanente de Sons do Gramófono, picadiscos.
Espazo gastronómico habilitado na praza, con Tres Fuciños (porco celta), Xeou (xeados artesáns) e produtos locais.