Quiroga celebra o 10 de agosto a Mostra do Mel

Quiroga celebra o 10 de agosto a Mostra do Mel

O concello lucense de Quiroga celebra o día 10 de agosto a Mostra do Mel de Quiroga, que nesta ocasión chega á súa edición número 27. Apicultores locais porán á venda mel e outros produtos apícolas, procedentes dun entorno único, como son os montes do Courel, cunha mestura de vexetación atlántica e mediterránea, que proporcionan unhas características diferenciadas ao mel da zona.

Programa de actos:

Xoves, 9 de agosto:

-20:30 horas: Na Casa da Cultura sorteo de postos de venda e entrega das credenciais aos apicultores participantes.

Venres, 10 de agosto:

-12:00 horas: Inauguración da Mostra do Mel de Quiroga no recinto feiral.

Ao longo da xornada haberá actuacións do grupo de música tradicional “Os Palletas”. Durante todo o día venda e exposición de mel e produtos apícolas.

Os apicultores participantes son:

-Isabel Marcos López, da Ponte Rodela.
-Manuel Macía González, das Estradas.
-Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol
-Pedro Soto González, do Ibedo.
-Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.
-Jovito Campo González, de Fisteus.
-Rubén Figueroa López, de Sequeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información