Quintana visita a cooperativa leiteira Pico Sacro

A conselleira de Medio Rural destaca que as axudas para a mellora da calidade do leite cru favorecen a posta en valor do produto

Quintana visita a cooperativa leiteira Pico Sacro

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, durante a visita.

Esta mañá a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, cursou unha visita á cooperativa Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña) co obxectivo de poñer en valor as axudas que o seu departamento vén convocando cada ano para a mellora da calidade do leite cru. Quintana destacou que estas axudas, das que se benefician cooperativas –como Pico Sacro- e sociedades agrarias, contribúen a poñer en valor o produto. Este ano, a Xunta adicou 143.000 euros a esta liña de medidas.

As subvencións para a mellora da calidade do leite apoian as actividades para a implantación de guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías de leite, así como a certificación externa de tales prácticas. Durante a visita, Quintana salientou a capacidade da cooperativa Pico Sacro para xerar valor engadido no sector, pois é proveedora de Queixerías Bama (Touro) desde hai case dúas décadas.
.
Pico Sacro
A cooperativa Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña) constituiuse no 1985 e conta con 264 socios, dos que preto de 60 son produtores de leite. A súa actividade céntrase na comercialización de leite e na fabricación de piensos. Os socios contan con servizos de veterinario, reprodución, alimentación, calidade de leite, certificación de explotacións, programa de seguridade alimentaria, axente de substitución (para que os titulares de explotacións agrarias poidan ter días de descanso ou vacacións) e tenda agraria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información