Quinta semana con récord de prezos en Silleda no vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra a quinta semana consecutiva os seus prezos medios máis altos na categoría de vacún maior, con 2.161 euros de media, e a segunda xornada consecutiva nos de becerros carniceiros, con 1.455 euros de media

Quinta semana con récord de prezos en Silleda no vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou, por quinta semana consecutiva, o seu prezo medio máis alto na categoría de vacún maior, con 2.161 euros (o martes pasado fóra de 2.026). Ademais, tamén alcanzou o seu máximo prezo medio na categoría de tenreiros carniceiros, neste caso por segunda semana consecutiva, con 1.455 euros.

Estes prezos medios, segundo indican, volven ser resultado da alta demanda que está a experimentar a Central tanto pola optimización de prezos do seu sistema de poxa informatizada como pola escaseza de animais no mercado nacional.

Por outra banda, as dúas próximas sesións da Central, do 11 e 18 de marzo, levarán a cabo con aplicación de topes na categoría de becerros de recría. O motivo é que a Central, por cuestións de benestar animal, debe establecer unha cifra máxima de animais por sesión. Unha cifra que en becerros de recría poderíase superar os dous próximos martes, xa que a poxa de hoxe nesta categoría contou con poucos animais debido á celebración do martes de entroido en moitos concellos galegos. En previsión de que isto poida suceder, a Central vese obrigada a establecer topes.

topes subastas de marzo 2025

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 237 euros, 49 euros menos que na da semana pasada; os de 21 a 50 días baixaron o seu valor 12 euros, até os 315 euros; finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 404 euros (+9 euros).

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 585 euros (+40 euros), e as femias vendéronse a 432 euros, cun incremento de 65 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 673 (+28) e as femias a 468 euros (+33). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio 927 euros (+119 euros) e as femias de 632 euros (-1).

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial incrementaron o seu valor medio 115 euros e chegaron aos 1.618 euros con respecto á poxa pasada, mentres que as femias caeron 45 euros e fixaron un prezo medio en 1.209 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.588 euros de media os machos (+12 euros) e a 1.298 euros as femias (-30). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema presentan un descenso no seu valor medio de 38 euros e quedan nos 1.487 euros por animal.

04_03_2025_page-0001

No vacún maior os prezos medios rexistraron subas en todas as categorías e quedan así: na extra en 2.342 euros de media (+71), os de primeira en 1.204 euros e os de categoría segunda en 797 euros. Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia soben 706 euros e chegan a un prezo medio de saída de 2.699 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino presentan unha subida de 0,03 nas seguintes categorías: o selecto, que alcanza os 1,655 euros/kg; o normal, quedándose nos 163 e o de desvieje que finaliza a xornada en 0.,66/0,72. Finalmente, os animais de canle II soben 0,039 e chega aos 2,117.

Nos leitóns hai suba de 3 euros e os exemplares chegados dunha única granxa chegan aos 85 euros (cun prezo de 4,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 80 euros e cun prezo por quilo de 4 euros.

04_03_2025_page-0002

No mercado do ovo, os prezos sóbense 0,04: os da XL chegan a 3,13 euros, os da L aos 2,59, os da M aos 2,39 e os da S a 2,09.

O prezo do coello continúa nos 2,40 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información