O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo este xoves entrega da licenza de uso da marca de Artesanía Alimentaria a Granxa Educativa Agrogandeira S.L. (queixería O Rexo), situada no concello ourensán de Allariz, así como da carta de artesán ao responsable da elaboración destes queixos, Héctor Vaquerizo.
Esta empresa elabora de xeito artesanal e comercializa diferentes produtos lácteos, tales como o propio queixo O Rexo (curado elaborado con leite cru de ovella en pastoreo), o queixo Corga, o iogur Torneiros ou a sobremesa Corga. Con esta nova incorporación xa son 126 os operadores inscritos en Artesanía Alimentaria.