Que viños estranxeiros compran os españois?

Publicidade

IMPORTACIONS VIÑO ESPAÑA 2020 1Segundo datos da Axencia Tributaria, analizados polo Observatorio Español del  Mercado del Vino (OeMv), as importacións españolas de viño situáronse, en 2020, nos 95,2 millóns de litros (+82%) por valor de 165,7 millóns de euros (-20,8%), a un prezo medio de 1,74 euros/litro (-56%).

En termos absolutos, España aumentou as súas compras de viño en 42,8 millóns de litros, pero gastou 43,4 millóns de euros menos, ao caer o prezo medio un 56% (-2,25 euros/litro). Esta caída prodúcese como consecuencia do destacado aumento do granel, a prezos medios moi económicos (40 céntimos por litro), e ao caer as importacións dos viños con maior valor engadido. Estas importacións de viño a granel, na súa maioría arxentino, estiveron moi concentradas nos meses de febreiro, marzo e abril do pasado ano.

Francia e Italia os principais provedores de viños a España en valor

O principal provedor de viño a España en 2020, (incluíndo aromatizados e sen ter en conta o mosto e o vinagre), en termos de volume, foi Arxentina. España importou 42 millóns de litros de viño arxentino, dos que 41,6 millóns, corresponden a viño a granel sen ningunha indicación, importado nos meses de febreiro, marzo e abril.

Francia mantense como o principal provedor de viño a España en termos de valor, a pesar de perder un -38%, até os 75,4 millóns de euros, que supoñen un descenso en 46 millóns de euros respecto de 2019. Séguelle Italia, con 68,3 millóns de euros (-21% ou 17,8 millóns de euros menos). Italia tamén ocupou a segunda praza en volume, tras Arxentina, con 34,4 millóns de litros (-11%).

Ademais de Arxentina, crecen as compras de viño orixinario de Rumania (+35% en valor e +56% en volume). Tamén creceron de forma destacada, pero só en volume, Alemaña (+43%) e Portugal (+34%).

IMPORTACIONS VIÑO ESPAÑA 2020 2 IMPORTACIONS VIÑO ESPAÑA 2020 3

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información