¿Que produtos se poden utilizar neste momento contra a botrite ou podredume da uva?

Publicidade

O fungo que máis preocupa neste momento aos viticultores é a botrite ou podredume do acio. Na súa aparición inflúen as condicións meteorolóxicas (a maior choiva e humidade maior risco) pero tamén a situación agronómica das fincas (canto menor aireación dos acios e da viña máis posibilidade de que apareza este fungo) e os danos previos nos acios.

Neste sentido, dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro informan de que a situación neste momento é moi dispar segundo os viñedos. “Así, nalgunhas fincas non hai indicio algún do fungo nos acios, nin sequera nos secos por diferentes causas ou con feridas. Porén, noutras viñas atopamos algún que outro acio co micelio sobresaíndo de perforacións de couza, pero isto tamén foi anecdótico. De feito, os acios das variedades máis sensibles, como a Treixadura, Godello ou Loureira, están sáns”, informan.

Sen embargo, os técnicos de Areeiro advirten de que a situación pode variar coas precipitacións que se anuncian para estes días, “xa que poden provocar un humedecemento prolongado nos acios, polo que hai que manter a vixilancia”.

A este respecto, para os viticultores que non teñan limitacións de datas de tratamento polas súas respectivas adegas, aínda hai funxicidas contra a botrite que se poderían aplicar por teren menor prazo de seguridade e/ou seren biolóxicos.

Así, segundo o Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Agricultura, os funxicidas contra a botrite que se poden empregar neste momento serían:

produtos_botrite

Atención ás esfollas excesivas

Golpe de sol na cara exposta do acio

Golpe de sol na cara exposta do acio

Por outra parte, dende Areeiro lembran que as esfollas para airear as viñas deben ser moderadas, para evitar bagos queimados polo sol. En canto ás previsións meteorolóxicas anuncian algunhas choivas entre este luns e o mércores, para a partir de entón estabilizarse o tempo, aínda que con temperaturas inferiores ás da semana pasada. Nestas condicións, os técnicos de Areeiro non prevén infeccións importantes de mildeu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información