Que produtos fitosanitarios se poden comprar sen necesidade de carné?

Publicidade
Que produtos fitosanitarios se poden comprar sen necesidade de carné?

Non todos os agricultores teñen que ter o carné de aplicador de produtos fitosanitarios para poder mercar un os devanditos produtos. O Real Decreto 1311/2012 de uso sostible de produtos fitosanitarios define como produtos de uso non profesional, para uso doméstico:

– Un litro, cando se trate de aerosois ou outros tipos de envases deseñados para aplicar directamente o produto fitosanitario.
– 500 gramos ou 500 mililitros para calquera outro tipo de preparados.

A día de hoxe o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente ten rexistrados un total de 173 produtos para uso doméstico, e polo tanto sen a esixencia de carné.

No caso de Galicia, os comercializadores de produtos fitosanitarios consultados por Campo Galego, botan en falta nesta lista “produtos funxicidas, que é o principal problema sanitario do viñedo ou da pataca en Galicia, e para o cal a única alternativa que se da para os usuarios non profesionais é cobre en pequenos sobres, pero ningún produto sistémica, co cal a efectividade fronte ao mildeu baixa moito”.

Consulta a aquí a lista de produtos autorizados para uso non profesional, co nome do seu principio activo, o seu nome comercial, e as indicacións de uso e de cultivos e pragas para os que está indicado.

Una idea sobre “Que produtos fitosanitarios se poden comprar sen necesidade de carné?

  1. m carmen martinez

    Pareceme u vergonza q axa q facer este curso meu pai con 70 anos e catro patacas dous millos e u purreira ten q facer u curso p favor despos din q hay crisis inda non hay moito son todo pegas p poder traballar e poder poñer algo p comer cas pensions d merda q teñen se se preocuparan d outras cousas mais importantes

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información