Que non se pode facer no monte nestas datas?

Dende o pasado mes de xullo e ata finais de setembro estamos en época de alto risco de incendios. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra as medidas de prevención de obrigado cumprimento.

Que non se pode facer no monte nestas datas?

Nesta época está prohibido facer fogueiras

A Consellería do Medio Rural e do Mar decretou como época de alto risco de incendios forestais dende o pasado mes de xullo ata o mes de setembro. Segundo a lexislación vixente, esta declaración supón as seguintes obrigas e prohibicións nos terreos forestais:

1 Está condicionado o acceso ao monte de persoas e vehículos.

2 É obrigatorio identificarse ante os axentes, cando o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa moderado ou alto.

3 É obrigatorio pedir autorización para traballar con maquinaria non forestal nin agrícola que poida soltar faíscas.

4 Está prohibido facer fogueiras ou usar utensilios que xeren lume, tanto para cociñar como para iluminar.

6 Está prohibido fumar ou facer lumes ou queimas.

Para dar alarma de incendio forestal chame ao teléfono 085, a chamada é gratuíta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información