A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Que importancia ten a limpeza dos depósitos de combustible?

Ao igual que nas caldeiras, o mantemento e a limpeza interna dos depósitos son dous aspectos fundamentais para evitar avarías. Naqueles de máis de 1.000l son de obrigatorio cumprimento por lei

Que importancia ten a limpeza dos depósitos de combustible?

A limpeza dos depósitos é obrigatoria a partir dos 1000l

Os depósitos de combustible, asociados a un sistema de calefacción de gasóleo ou de almacenamento de gasóleo agrícola, por exemplo, necesitan un mantemento na mesma medida que as caldeiras, para que todo funcione correctamente e prever avarías. Así, recoméndase realizar unha limpeza interna do mesmo cada certo tempo. Se o combustible utilizado non é de calidade aconséllase limpalo cada 4 ou 5 anos, mentres que se é de calidade, o prazo óptimo é entre os 8 e os 10 anos.

A limpeza é obrigatoria nos depósitos soterrados e e nos non soterrados de máis de 1000 litros de capacidade son obrigatorias as probas de estanqueidade para verificar que o depósito non perde gasóleo. Nos depósitos non soterrados de menos de 1000 litros é recomendable a limpeza.

Neste sentido,  empresas coma Codisoil traballan na realización destas actividades obrigadas por lei, e tamén noutras como revestimentos de interiores en mal estado ou conversións a tanques de dobre parede que evitan posibles futuras roturas ou fugas.

Baixo o obxectivo de chegar a un planeta máis limpo e sostible, Codisoil traballa na oferta de servicios medioambientais, hibridados con outras accións como desatascados e baleirado de fosas, limpezas industriais e xestión de servizos. Desta maneira, eríxese como unha empresa destacada nos seus ámbitos de intervención e con sedes en 7 provincias: Pontevedra, Ourense, Lugo, Coruña, Salamanca, Zamora e Valladolid, ademais da súa sede central en Madrid.

Para máis información e presupostos sen compromiso  escribe a hola@codisoil.com ou chámanos ao 91 061 20 89

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *