¿Que forma xurídica teñen as ganderías de vacún de leite de Galicia?

¿Que forma xurídica teñen as ganderías de vacún de leite de Galicia?

O 71,58% das ganderías de vacún de leite de Galicia son titularidade dunha persoa física. É dicir, o titular da explotación non ten limitación de responsabilidade patrimonial. Así se desprende de datos do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), correspondentes ao mes de decembro de 2018.

En concreto, das 7.548 ganderías de vacún de leite existentes daquela 5.403, o 71,58%, eran titularidade dunha persoa física. A segunda figura xurídica en importancia son as sociedades civís, o 21,82%, con 1.647 ganderías. E en terceiro lugar, sitúanse as SAT, con 261 explotacións, o 3,46% do total.

A forma xurídica máis moderna, a Sociedade de Responsabilidade Limitada (SL), xa que preserva o patrimonio persoal dos titulares, suma soamente 131 explotacións, o 1,74% do total.

Por último, 53 ganderías teñen como forma xurídica as Sociedades Cooperativas, o que representa tan só o 0,70%, e as comunidades de bens suman 26 granxas, o 0,34%.

As ganderías máis grandes son SC e SAT e as pequenas son titulares dunha persoa física

Sen embargo, se se fai unha análise por volume da granxa, nas ganderías de maior tamaño, é dicir, con máis de 700.000 litros de produción -1.058 explotacións naquel momento-, a forma xurídica que predomina é a da Sociedade Civil, con 538 casos, seguida das SAT, con 216, e das persoas físicas, con 181. A maioría das SL tamén se concentra neste tramo das granxas máis grandes: 72 dun total de 131 en todas as granxas galegas de vacún de leite.

Pola contra, nas explotacións máis pequenas, con menos de 200.000 quilos de produción, a forma xurídica claramente predominante é a persoa física, cunhas 3.600 explotacións nesta situación. Séguenlle a moita distancia as sociedades civís, con 241 granxas deste tramo con esta forma xurídica. Pola contra, só 10 son sociedades de responsabilidade limitada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información