Que facer na horta en xullo?

En xullo empezamos a recoller os produtos de horta de verán e tamén de ir preparando a horta de inverno. Velaquí algúns consellos.

Publicidade
Que facer na horta en xullo?

Produtos de horta de verán

>A calor que se espera que continúe no mes de xullo fará que, para aqueles que dispoñen dun sistema de rega na súa horta, xullo sexa un mes de abundante colleita de produtos hortícolas de verán e, se o tempo segue seco, de menor afectación de enfermidades fúnxicas, especialmente o mildeu.

Velaquí algúns consellos xerais:  

-Para mellorar a froitificación e o engrose dos froitos é recomendable podar os chupóns tanto en tomateiras, como en pementos, berenxenas, melóns, cogombros e cabaciñas.

-Estaremos en pleno verán, polo que a terra non debería estar exposta directamente á radiación solar. De aí que se recomende realizar acolchados de palla ou doutros restos vexetais arredor das hortalizas e na base dar árbores froiteiras e plantas aromáticas. Ademáis de manter a humidade do solo, contribuirá tamén á súa fertilidade.

-Para evitar ataques de mildiu, sobre todo en viña e en tomateiras, recoméndase tratamentos periódicos –non agardar máis de15 días- con caldo bordelés ou con cobre.

– Un dos fungos que máis ataca nesta época, sobre todo ás cucurbitáceas (cabaciña, cogombro..etc), é o odio. Caracterízase pola aparición de manchas brancas nas follas e para combatelo unha solución eficaz é o leite desnatado: diluiremos medio litro en 8 de auga e pulverizaremos as plantas.

Sementeiras:
Poderemos seguir sementando ao aire libre cabaciñas, leitugas, cogombros, xudías, cenouras, remolacha vermella..etc.

Transplantes:
Xullo é unha boa época para empezar a plantar a horta de inverno, tanto brásicas (repolo, couveflor, brócoli) como porro ou escarola.

Colleitas:
Durante este mes recolleremos a colleita de xudías, leituga, pataca, cenoura, cebola, allos…etc. Se temos demasiados excedentes, unha boa alternativa é realizar conservas, especialmente de produtos como as xudías, a remolacha ou os cogombros.

E sobre todo non esquecer regar a nosa horta, a ser posible evitando o contacto da auga coas follas das plantas, para evitar enfermidades, preferentemente a útlima hora da tarde ou a primeira da mañá e con auga a temperatura ambiente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información