Puleva Eco prevé incrementar nun 50% o envasado de leite ecolóxico galego no próximos cinco anos

Puleva Eco, avalada polo selo de Galicia Calidade, ten unha cota de mercado do 59% nos leites ecolóxicos e o seu consumo medra o dobre que a media da categoría.

Publicidade
Puleva Eco prevé incrementar nun 50% o envasado de leite ecolóxico galego no próximos cinco anos

Gama de leite ecolóxico de Puleva

Puleva Eco prevé incrementar nun 50% o envasado de leite ecolóxico galego nos próximos cinco anos. A marca da multinacional francesa Lactalis, primeira industria láctea da comunidade galega, está acollida ao selo de Galicia Calidade e ao do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Segundo explica Ignacio Molina, xefe de Grupo de Leites Adaptados para a Familia de Puleva, “actualmente envasamos máis de cinco millóns de litros de leite ecolóxico procedente de 25 granxas ecolóxicas galegas, o que representa máis do 80% de todo o leite de produción ecolóxica desta rexión”.

A acollida da leite bio no mercado está a ser “moi boa”, cun consumo en auxe tanto no mercado español como a nivel internacional. No caso de Puleva Eco “conta cunha cota no mercado do leite ecolóxico do 59% en España, cun crecemento no seu consumo dun 37%, fronte ao 18% da media desta categoría”, destaca Ignacio Molina.

En 2016-2017 Puleva Eco prevé aumentar o número de ganderías galegas que producen leite ecolóxico

En canto aos plans de futuro, o responsable de Puleva Eco asegura que “queremos aumentar o consumo de produtos ecolóxicos nos fogares españois”. Para iso, avanza que “temos un gran proxecto para favorecer a reconversión de granxas tradicionais e dar resposta así á tendencia á alza no consumo deste tipo de produtos”, asegura.

O leite ecolóxico Puleva Eco procede de vacas controladas sanitariamente con métodos naturais e viven en granxas ecolóxicas seleccionadas onde reciben unha alimentación sa e natural, con pastos e forraxes da máis alta calidade, procedentes de prados naturais.

Ademais, a produción de leite ou derivados lácteos ecolóxicos cumpre coa regulamentación sanitaria en seguridade e consumo, non engadíndose durante a mesma nin sabores artificiais nin edulcorantes.

Leite amparado polo selo de Galicia Calidade desde o ano 1999

A incorporación do Grupo Lactalis ao selo Galicia Calidade, primeiro coa marca Président, produciuse no ano 1999, coincidindo co lanzamento ao mercado desta liña de produtos ecolóxicos. “Para nós, este selo é un distintivo para o noso produto e estamos convencidos de que os consumidores españois valórano”, destaca o xefe de Grupo de Leites Adaptados para a Familia de Puleva.

“O balance que facemos da incorporación do selo Galicia Calidade é totalmente positivo. Implica o aval adquirido desde hai máis de 15 anos con Galicia, que como todos sabemos, é unha rexión eminentemente produtora de leite de vaca en España”, asegura Ignacio Molina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información