Publícanse os dereitos de pago básico da Reserva Nacional concedidos e denegados

O Fondo Galego de Garantía Agraria publica o listado de dereitos adxudicados correspondentes ás solicitudes do ano 2019 e ás pendentes de anteriores campañas

Publícanse os dereitos de pago básico da Reserva Nacional concedidos e denegados

Xa é posible consultar o reparto en Galicia dos dereitos de pago básico da PAC procedentes da Reserva Nacional. O Fondo Galego de Garantía Agraria publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que dá a coñecer o listado de persoas que reciben dereitos, así como as coantías en cada caso. Tamén é posible consultar as solicitudes denegadas e a cifra total de dereitos de pago básico que ten cada beneficiario das axudas da Política Agraria Común (PAC).

Recentemente, o Ministerio anunciou as asignacións de dereitos de pago básico por comunidades, correspondéndolle a Galicia 206 beneficiarios. En toda España, foron máis de 3.000 os beneficiarios, cunha asignación media de 5.000 euros.

Galicia é a sexta comunidade autónoma con máis produtores beneficiados pola asignación de dereitos da Reserva, tras Castilla y León (589), Castilla La Mancha (573), Aragón (499), Extremadura (471) e Cataluña (215).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información