O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou a guía “Tierra Firme”, o primeiro manual de ámbito español que aborda con detalle cada unha das fases que conforman a incorporación profesional ao sector agrario. Trátase dun documento completo e útil que serve de asesoramento e acompañamento a todas as persoas que queren dedicarse profesionalmente á agricultura ou á gandería.
“Desde un enfoque práctico e accesible a guía recolle cuestións como o acceso ao financiamento e á terra, a formación ou o asesoramento. Desta maneira dá resposta a unha das principais demandas dos novos agricultores e gandeiros: a necesidade de dispoñer de maneira sinxela e directa da información sobre os recursos dispoñibles para acceder ao sector”, salientan dende o Ministerio.
O documento reflicte o carácter empresarial da actividade agraria e a necesidade de coñecemento e organización para a súa xestión, así como a necesidade da elaboración dun plan de empresa que exerza como pedra angular.
Neste sentido, Tierra Firme explica que o proceso de incorporación non é único nin homoxéneo e presenta varios itinerarios en función dos obxectivos marcados. É, por tanto, un proceso multietapa.
Como novidade, o protagonismo da parte gráfica para conseguir unha maior claridade e accesibilidade. Tamén se recolle o testemuño real de profesionais do sector que ofrecen consellos e recomendacións. A guía pode consultarse aquí.