Publicados os importes das axudas para vacún de cebo

Publicados os importes das axudas para vacún de cebo

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) publicou este martes os importes unitarios definitivos correspondentes á campaña 2016 das axudas para vacún de cebo. En concreto, o da axuda asociada sectorial para as explotacións e o da axuda asociada a dereitos especiais.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión España Peninsular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2016 de 12.391.644 €, a repartir entre 403.835 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario definitivo de 30,68 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión España Peninsular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2016 de 25.905.132 €, a repartir entre 1.388.003 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario definitivo de 18,66 €/animal.

axudas_vacun_cebo_2016

En canto á axuda asociada aos titulares de explotacións de vacún de cebo que mantivesen dereitos especiais en 2014, e non dispoñan de hectáreas admisibles sobre as que activar dereitos de pago básico, establécese un límite orzamentario asignado para a campaña 2016 de 1.440.000 €, a repartir entre 36.657 animais con dereito a pago. Establécese por iso un importe unitario definitivo de 39,28 €/animal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información