Publicado o Plan de Formación 2021 do Ministerio para técnicos do sector agrogandeiro

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou na súa páxina web o Plan de Formación 2021 para técnicos do Medio Rural, dentro do obxectivo de impulsar a formación agroalimentaria como unha ferramenta fundamental para a modernización e cambio do medio rural.

Para facilitar o acceso á formación no medio rural, o Ministerio desenvolve cursos que inclúen aspectos específicos de interese para mozos, as necesidades en materia de innovación e dixitalización, e dan visibilidade ao papel laboral das mulleres rurais.

As 39 accións formativas que inclúe este plan están dirixidas aos colectivos implicados nos procesos de cambio e desenvolvemento do medio rural, como a remuda xeracional, a visibilidade do papel das mulleres, o impulso das novas tecnoloxías e a innovación, o asesoramento, a sustentabilidade e a conservación de recursos.

Os cursos -presenciais ou en formato dixital- teñen como obxectivo formar aos técnicos que traballan nos distintos ámbitos rurais, como técnicos das diferentes administracións, redes e grupos de acción local, organizacións profesionais agrarias, cooperativas e asociacións do medio rural, axentes de emprego e desenvolvemento local, e titulados universitarios que traballan no sistema de asesoramento para os posibles beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC) sobre a xestión de terras e explotacións.

Prioridades do plan de formación 2021

Este ano, o Programa de formación ten como prioridades básicas a xeración e transferencia de coñecementos, a innovación na agricultura, a rendibilidade e sustentabilidade das explotacións, a especialización en deseño e xestión de regadíos, e o apoio ás mulleres e novos emprendedores, así como a sanidade e o benestar animal, a implantación de novas tecnoloxías, e o Plan Estratéxico nacional da PAC 2023-2027, entre outras cuestións.

Os cursos e xornadas do Plan 2021 impartidos en formato online disporán dunha plataforma web de formación específica, mentres que os cursos presenciais impartiranse en instalacións adecuadas do MAPA. En función da situación sanitaria, algúns cursos presenciais poderían pasar a celebrarse online ou cambiar de data. Mensualmente actualizarase o “Calendario e solicitudes de inscrición Plan de Formación 2021” no portal web do MAPA.

A información e a documentación de todos os cursos do “Plan de Formación 2021 para técnicos do Medio Rural”  atópanse publicados na seguinte ligazón do portal web do ministerio: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/formacion/cursos/plan_de_formacion_2021_tcm30-553696.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información