Publicado o novo decreto que regula o mercado dos ovos en Galicia

O texto regula as cuestións como o lugar no que debe realizarse o marcado e o código distintivo dos ovos ou o réxime das autorizacións naqueles supostos nos que se pode excepcionar o marcado de ovo, entre outras. Unha das novidades máis salientables con respecto á normativa anterior é que se permite, con autorización previa, o marcado tamén nos centros de embalaxe e non só nas granxas

galiñas fóra exterior interior granxa de polos poñedoras carne ovos 8A Consellería do Medio Rural publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se regula o marcado de ovos. Entrará en vigor dentro de 20 días e con el procúrase axilizar a comercialización deste produto, respaldando o estado sanitario dos produtos e a súa trazabilidade, ao tempo que se melloran as garantías para os consumidores e se cumpre a normativa comunitaria e nacional nesta materia.

O texto regula as cuestións como o lugar no que debe realizarse o marcado e o código distintivo dos ovos, o réxime das autorizacións naqueles supostos nos que se pode excepcionar o marcado de ovos, as normas sobre a etiquetaxe dos estoxos e o embalaxe dos ovos, a etiquetaxe facultativa e os distintos controis aos que están sometidos os centros de embalaxe.

Unha das novidades máis salientables con respecto á normativa anterior é que se permite, con autorización previa, o marcado tamén nos centros de embalaxe e non só nas granxas, o que lle outorga unha maior garantía ao consumidor final e máis seguridade xurídica para estes centros. Así, axilízase de xeito considerable o proceso de comercialización. En todo caso, con carácter xeral, o marcado levarase a cabo na súa explotación de orixe.

Este decreto consta dunha parte expositiva de 28 artigos, estruturados en tres capítulos. As materias reguladas, ademais da propia autorización de marcado nos centros de embalaxe, inclúe excepcións que se establece á obriga de dita marcaxe. Isto ten especial relevancia na comunidade, tendo en conta a importancia da venda directa deste produto en Galicia.

A entrada en vigor deste decreto enmárcase na obriga de instaurar en Galicia a nova lexislación comunitaria e estatal, cun novo contexto xurídico que resposta a esta nova normativa e ás competencias que ten Galicia neste eido.

Ligazón ao decreto no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información