A Consellería do Medio Ambiente vén de publicar o listado de axudas concedidas por ataques de lobo ó gando no 2022. En total son 1.101 expedientes, dos que 7 superan os 3.000 euros de danos, se ben tamén hai afectados que acumulan varios expedientes ó longo do ano e que superan igualmente ós 3.000 euros.
Por provincias, a que máis danos rexistra é a provincia de Lugo. Dos 1.094 expedientes inferiores a 3.000 euros, 554 están en Lugo, 246 en Ourense, 224 na Coruña e 70 en Pontevedra.
A cabana máis afectada é a ovina, con 1.042 cabezas mortas, seguida do vacún, con 664. Nos cabalos contabilizáronse 331 baixas identificadas e nas cabras 214.
O total de reses afectadas e contabilizadas por Medio Ambiente é de 2.251, unha cifra similar á de anos precedentes. Nos últimos 6 anos, o número de baixas computadas sempre estivo por riba das 2.000 cabezas anuais.
O 2022 foi o segundo ano da serie histórica con máis avisos de danos, un total de 1.332, só por detrás do 2019, con 1.396 avisos ó 012.
Pódese ver neste Pdf o listado completo das axudas menores a 3.000 euros, en tanto neste anuncio do Diario Oficial de Galicia publicáronse os sete expedientes por importes de máis de 3.000 euros.