Publicadas as axudas a explotacións agrarias de titularidade compartida

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación concede axudas a 1.194 explotacións agrarias de titularidade compartida en 2025

muller granxa pasillo progandoO Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación concede axudas por 1,79 millóns de euros a 1.194 explotacións agrarias de titularidade compartida, que percibirán a contía máxima para 2025 de 1.500 euros por entidade, antes de que finalice o ano, segundo resolución definitiva publicada en sede electrónica.

Este apoio ten como finalidade axudar a sufragar as cotas da Seguridade Social das persoas titulares das explotacións agrarias de titularidade compartida, unha figura regulada pola Lei 35/2011, de titularidade compartida, para favorecer a participación das mulleres na actividade agraria e garantir a igualdade de dereitos e obrigacións dentro das explotacións familiares.

A secretaria de Estado de Agricultura e Alimentación, Begoña García Bernal, destacou que estas subvencións representan a titularidade compartida: “Non é un trámite administrativo: é xustiza. Recoñece o traballo que as mulleres levan décadas facendo nas explotacións e dálles dereitos efectivos”.

García Bernal subliñou que unha maior presenza de mulleres na actividade agraria “fortalece o tecido produtivo, dá estabilidade aos pobos e fai máis forte ao sector”, e reiterou que a igualdade “é unha condición imprescindible para o futuro do medio rural”.

Crecemento sostido do número de beneficiarias

Captura de pantalla 2025-12-09 121506

Desde a posta en marcha desta liña de subvencións en 2021, o número de solicitudes e de entidades beneficiarias mostrou un crecemento continuo ao pasar de 729 entidades beneficiarias ás actuais 1.194.

En 2025, as comunidades autónomas con maiores porcentaxes de entidades beneficiarias respecto ao total potencial foron Navarra, Murcia, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Asturias e Galicia, todas elas con valores superiores ao 80 %.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información