Publicadas as axudas da Deputación de Lugo para contratar a 201 lucenses en paro

Publicadas as axudas da Deputación de Lugo para contratar a 201 lucenses en paro

Á dereita, o presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos

O Boletín Oficial da Provincia publicou este martes os 201 novos postos de traballo para lucenses no paro en todos os sectores, que xera na provincia o Goberno da Deputación co Ben Empregado IV, máis social. Faino concedendo a autónomos, PEMES e colectivos lucenses axudas dun total de 2,4 millóns de euros. O BOP tamén recolle hoxe a listaxe completa de entidades e asociacións que resultaron beneficiadas de ditas subvencións.

Con ditos fondos, o Executivo Provincial financia durante un ano os custos laborais dos novos traballadores, que serán todos lucenses actualmente en situación de desemprego, que demandan e requiren entidades e asociacións da provincia para poder reforzar a súa actividade. Faino en diferentes porcentaxes, atenden ao nivel de compromiso social dentro da súa aposta por unha Deputación social e coas persoas.

Beneficiados por liñas de financiamento

O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda aos autónomos e PEMES da provincia que decidisen contratar persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral (por exemplo, veciños con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos, ex-drogodepentes…). Son 20 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron beneficiadas.

Contratarán a 20 lucenses desempregados e en dita situación. Consulta os perfís laborais

Pero ademais, o Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda aos autónomos e PEMES da provincia que decidisen contratar a lucenses actualmente no paro en xeral. 141 entidades optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 141 veciños da provincia en situación de desemprego. Consulta os perfís laborais

A outra liña de financiamento está dirixida exclusivamente a colectivos sociais da provincia, aos que se lles ofrece o 100% da axuda para reforzar a súa actividade social con novo persoal que, como en todos os caso, tamén serán veciños hoxe no paro. Son 40 asociacións as que resultaron beneficiadas e polo tanto poderán contratar a 40 novos traballadores. Consulta os perfís laborais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información