Publicadas as axudas 2026 para as agrupacións forestais de xestión conxunta

Actualmente están en funcionamento 24 agrupacións, pero unha vez executada ao completo a convocatoria de 2025 estímase que se terán creado outras 40 novas, incorporando unha superficie forestal agrupada de máis de 4.800 hectáreas

Publicidade
Publicidade
Publicadas as axudas 2026 para as agrupacións forestais de xestión conxunta

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0426-080126-0001_gl.html

Prazo: Ata 17/04/2026

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, dotadas cun orzamento de 2.125.000 euros para as anualidades de 2026 e 2027. Isto supón un incremento do 50 % con respecto á convocatoria anterior.

Estas axudas dispoñen de dúas liñas de subvención. Por un lado, a destinada a apoiar a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta, distinguindo dúas modalidades, básica e con base territorial. Inclúese tamén a posibilidade de transformación de agrupacións básicas en agrupacións con base territorial, favorecendo así a evolución cara a modelos de maior integración.

Por outra banda, a segunda liña de axudas diríxese ás agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial xa inscritas no rexistro correspondente, co obxectivo de apoiar a realización de novos procesos e actividades orientadas á súa consolidación.

Deste xeito, o que se persegue é facilitar a creación de novas agrupacións forestais; apoiar a consolidación das xa existentes; incrementar a superficie forestal xestionada de forma conxunta e mellorar a capacidade organizativa, técnica e comercial destas entidades.

O prazo de presentación de solicitudes é de 45 días hábiles para a liña 1 e de 30 para a liña 2.

Actualmente están en funcionamento 24 agrupacións, pero unha vez executada ao completo a convocatoria de 2025 estímase que se terán creado outras 40 novas agrupacións, incorporando estas unha superficie forestal agrupada de máis de 4.800 hectáreas, co que o número total de entidades rexistradas roldará as 65.

Beneficiarios
Poden beneficiarse destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro, sociedades civís, cooperativas, sociedades agrarias de transformación, mercantís, de fomento forestal e outras entidades que teñan por obxecto a xestión conxunta de terras forestais en Galicia. A intensidade da axuda poderá acadar ata o 100 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 51.000 euros por entidade beneficiaria.

As actuacións subvencionables, que deberán executarse entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de xuño de 2027, abarcan un amplo conxunto de tarefas necesarias tanto para a creación como para a consolidación das agrupacións. Así, inclúen a identificación e impulso da iniciativa; os gastos de constitución e inscrición; a revisión do parcelario e investigación da titularidade; a elaboración de cartografía; a implantación de sistemas de certificación forestal e a mellora da gobernanza e xestión interna.

Actualmente están en funcionamento 24 agrupacións, pero unha vez executada ao completo a convocatoria de 2025 estímase que se terán creado unhas 40 novas, incorporando estas unha superficie forestal agrupada de máis de 4.800 hectáreas, co que o número total de entidades rexistradas roldará as 65.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información