Publicadas as actualizacións do SIGPAC para solicitar as axudas da PAC

Publicadas as actualizacións do SIGPAC para solicitar as axudas da PAC

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica hoxe as fichas de información do contido das capas SIGPAC 2021 e o caché do SIGPAC.

En concreto, e como axuda á presentación das solicitudes de axuda por superficie da Política Agrícola Común (PAC), cuxo período de captura comeza este 1 de febreiro, publícase a descrición detallada das capas do SIGPAC que se poden consultar a través do Visor SigPac Nacional a partir de hoxe.

Como novidade, en 2021 poderanse visualizar por primeira vez as cartografías relativas á Declaración Gráfica da Solicitude Única da campaña 2020, as parcelas de remplazo que aínda non están integradas no SIGPAC e o Mapa Forestal de España (MFE).

A partir de hoxe tamén se poderá consultar, a través do Visor e do servizo WMS do SIGPAC nacional, o caché de campaña 2021 en base á cal se deberán declarar as superficies no contexto da Solicitude Única de Axudas da Política Agrícola Común.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información