Publicada unha guía informativa sobre a nova normativa das granxas de gando bovino

A guía do Ministerio de Agricultura recolle 18 fichas cos requisitos para os distintos sistemas produtivos, tipos de explotación e capacidade produtiva

Publicada unha guía informativa sobre a nova normativa das granxas de gando bovino

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación editou unha guía informativa, dispoñible na súa páxina web, para facilitar o coñecemento entre os gandeiros e o público en xeral, da nova normativa que regula as granxas de gando bovino en España, aprobada mediante o Real Decreto 1053/2022, de 27 de decembro. Estes cambios normativos están a suscitar críticas do sector por falta de adecuación á realidade das gandarías, especialmente no caso de Galicia.

A guía está orientada á comprensión práctica do texto legal, en relación cos diferentes modelos de produción e orientacións produtivas destes sectores. Contén información detallada sobre como afecta a cada tipo de granxa a nova regulación e os requisitos específicos para cada un deles, tanto para as granxas xa existentes como para as de nova creación.

Está formada por 18 fichas informativas, clasificadas segundo o sistema produtivo, o tipo de explotación e a capacidade produtiva das explotacións. Así mesmo, contempla unha versión para cada tipo de orientación produtiva.

“Deste xeito, o gandeiro, unha vez seleccionada a ficha que corresponde co seu caso particular, atopará na súa lectura todo o que lle afecta e debe ter en conta para estar ao tanto do cumprimento da norma, sen necesidade de ter que manexar o texto completo da mesma”, destacan desde o Ministerio.

A guía está dispoñible na seguinte ligazón: https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/produccion-y-mercados-ganaderos/ordenacion_sectorial/ordenacion-bovino.aspx

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información