A proximidade do festivo deixou case baleira a sesión do Mercado de Amio

FOTOS AMIO-42

O feito de que o sábado día 15 sexa festivo en toda Galicia déixase sentir nos mercados de gando, que reducen a súa actividade ao mínimo. É o caso da sesión desta semana no Mercado Nacional de Gando de Amio (Santiago).

Dende a organización da lonxa compostelá destacan que é habitual que se reduza a presenza de animais ante a proximidade de festivos, sobre todo no verán. De feito, xa sucedeu unha situación similar na semana previa ao 25 de xullo.

Ao recinto compostelán de gando de abasto tan só acudiron na sesión deste 12 de agosto 15 reses de vacún mediano e 40 de vacún maior. Na sesión do mercado de Silleda xa non houbera presenza de animais de recría, tamén por causa da festividade deste sábado.

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clasificacións e as categorías desta carne. En canto ao gando que concorreu hoxe ao recinto feiral, tamén se manteñen os seus prezos como na sesión anterior.

Pódense consultar as cotizacións no seguinte DOCUMENTO:

Cotizacións, 12.08.2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información