Africor Coruña organiza para o mes de marzo tres poxas de gando frisón na provincia, nas que sairán á venda animais procedentes de ganderías da provincia inscritas en control leiteiro.
En concreto, as poxas prevista son:
-Ordes, domingo 12 de marzo, no Recinto Feiral de Mesón do Vento.
-Santa Comba, domingo 19 de marzo, no Recinto Feiral.
-Boimorto, o domingo 26 de marzo no marco da Feira de MAGRECO.
Para os posibles compradores, lembrar que todos os animais que sairán a poxa son criados en ganderías da provincia da Coruña, adaptados ás nosas condicións de manexo, o que permite tamén dar valor á xenética producida nas explotacións galegas, sen ter que depender das importacións para repoñer animais.