Próxima convocatoria das axudas para a cadea forestal – madeira

A Xunta prevé destinar un total de 10 millóns de euros no periodo 2025 - 2026 para apoiar ás empresas forestais de corta e ós serradoiros e industrias de transformación

Publicidade
Publicidade
Próxima convocatoria das axudas para a cadea forestal – madeira

Imaxe de arquivo.

O Consello da Xunta vén de abordar a próxima convocatoria dunha liña de axudas para a cadea forestal – madeira. O Goberno galego ten previsto convocar apoios por un importe de 10 millóns de euros para o periodo 2025 – 2026.

As achegas serán xestionadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e concederanse en réxime de concorrencia competitiva. A Xunta establece cinco liñas de axuda diferenciadas. A primeira, de xestión forestal activa, facilitará a adquisición de maquinaria para tratamentos silvícolas. A segunda, de madeira e biomasa, centrarase en equipamentos de medición, acondicionamento e maquinaria específica.

A terceira, enfocada en castaña e resina, permitirá mellorar a infraestrutura e maquinaria para o seu aproveitamento comercial. A cuarta liña está destinada á primeira transformación da madeira, apoiando a compra de equipamentos avanzados. Finalmente, a quinta liña, de recente creación, busca mellorar a medición, rastrexabilidade e caracterización da madeira. Búscase así mellorar a trazabilidade dos produtos do monte.

Cada solicitante só poderá optar a unha liña de axuda e a contía máxima por beneficiario variará entre 50.000 e 200.000 euros, segundo a liña elixida. A intensidade da axuda alcanzará o 40 % dos gastos elixibles, financiados co Feader (60%), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (12%) e a Xunta de Galicia (28%).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información