Proxectos piloto sobre aplicación da tecnoloxía 5G en zonas rurais

A empresa lucense Agroamb participa nun proxecto de 'agricultura intelixente' para a optimización de cultivos e a mellora da conectividade en zonas de difícil acceso

Un momento de la presentación de los proyectos piloto en la sede de Agroamb en Castro de Rei

Un momento da presentación dos proxectos piloto na sede de Agroamb en Castro de Rei

O municipio lucense de Castro de Rei acolleu esta semana a presentación de dous novos casos de uso da tecnoloxía 5G, destinados nesta ocasión a demostrar as vantaxes que achega a nova tecnoloxía 5G para mellorar a calidade de vida e a economía en instalacións agrícolas e zonas rurais.

No primeiro dos proxectos piloto, desenvolto por Orange, Agroamb, Ericsson e Qampo, a instalación de sensores conectados mediante 5G nos campos de cultivo, unidos á utilización de mapas satelitais, permite obter información puntual sobre o estado da explotación agraria. Desta forma, e grazas á correlación de parámetros agronómicos, ambientais e satelitais, os técnicos poden coñecer en tempo real as necesidades de auga, fertilización, etc., dos seus campos, planificando así de forma óptima o coidado destes e optimizando o rendemento dos seus cultivos e das distintas colleitas.

Orange, Agroamb, Ericsson e Qampo colaboran no desenvolvemento destes dous casos Smart Agriculture no marco do Plan Nacional 5G financiado por Red.es e co apoio da Xunta de Galicia, a través de Amtega

Pola súa banda, o segundo dos programas piloto, que se leva a cabo sobre a rede 5G de Orange coa colaboración de Ericsson, ten como fin impulsar a dixitalización da contorna rural a través da mellora da conectividade que proporciona o 5G naquelas zonas nas que é máis difícil a instalación de fibra óptica. A través dunha solución coñecida como FWA e que utiliza a rede 5G como se fose unha rede de fibra óptica ata o fogar, mellórase o acceso móbil e a experiencia dos usuarios a redes ultrarrápidas en poboacións rurais, permitíndolles así gozar de servizos que, a día de hoxe, soamente están dispoñibles con accesos de rede fixa de última xeración.

Estes proxectos enmárcanse no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e para a execución do mesmo en Galicia formouse unha UTE composta por Orange, Cinfo, Gammera Nest e Optar Solutions e outras entidades colaboradoras.

Innovación ao servizo do desenvolvemento sostible

Ambos casos de uso de tecnoloxía 5G, que xa están operativos, foron presentados nas instalacións da empresa Agroamb en Castro de Rei. O CEO desta firma lucense, Severiano Ónega Ares, sinalou a súa satisfacción por participar en dous proxectos que “materializan as inquietudes de Agroamb”. “Cremos firmemente na conxugación de innovación e tradición como motor de desenvolvemento sostible. A Smart Agriculture permitiranos facer un uso moito máis eficiente dos recursos, cos beneficios para o medio ambiente que iso conleva, e a mellora da conectividade, a través do FWA, supón unha oportunidade para reimpulsar as zonas rurais a través da retención e captación de talento. Ter as mesmas posibilidades comunicativas que as que se gozan nas contornas urbanas será o xerme dun novo renacer do campo”, insistiu o responsable de Agroamb.

Agroamb Prodalt está especializada na valorización de restos orgánicos biodegradables como fertilizante de uso agrícola

Agroamb Prodalt é unha empesa con sede no municipio de Castro de Rei que está especializada na valorización de residuos orgánicos do tecido industrial galego para o sector agrícola e confórmase a través dunha estrutura empresarial que permite pechar o ciclo da produción agrícola, a prestación de servizos agrícolas e de transporte, co engadido da valorización de restos orgánicos biodegradables como fertilizante de uso agrícola.

Este grupo, que ten no seu ADN a consideración de iniciativa de emprego local, dá traballo a preto de medio cento de persoas da súa contorna, ás que hai que engadir outras 150 persoas de maneira indirecta en actividades complementarias á agraria. Ademais de prestar servizo a máis de 200 empresas, concellos e institucións, ten un firme compromiso con desenvolvemento de proxectos de I+D+i en diversas universidades e centros de coñecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información