Proxecto para facer fertilizante cos residuos orgánicos de froiterías e supermercados de Lugo

A emprededora lucense Karina Sánchez propón xestionar os residuos a través da técnica da lombricultura. O proxecto é un dos 15 que participan na iniciativa RR_dTerritorio da Fundación Roberto Rivas

Proxecto para facer fertilizante cos residuos orgánicos de froiterías e supermercados de Lugo

O proxecto Fertilucus pretende recorrer ó uso das miñocas para o tratamento e reciclaxe de materia orgánica.

Converter os residuos orgánicos da canle Horeca, froiterías e supermercados de alimentación de Lugo, nun recurso para o campo e reducir o seu impacto no medio. Ese é o obxectivo do proxecto Fertilucus impulsado pola emprendedora lucense Karina Sánchez.

O sistema de xestión que propón Sánchez permite transformar eses residuos en humus líquido e sólido, un fertilizante limpo e eficiente, a través da técnica da lombricultura. “Obtense un abono completamente eficaz, eficiente e amable co medio ambiente que permite tanto rexenerar solos como potenciar cultivos”, detalla Sánchez. O obxectivo é comercializar este fertilizante en proximidade, dentro da propia provincia, fundamentalmente con produtores de produtos ecolóxicos.

Para Karina Sánchez, antropóloga de formación, este proxecto parte da necesidade de dar un xiro sustentable e transformador co que xerar mellores hábitos ambientais, minimizando o impacto negativo sobre o medio ambiente. Trátase dun proxecto baseado na paradigma da economía circular e no que as mulleres serán ademais grandes protagonistas, xa que se pretende xerar un modelo de negocio integrador para este colectivo.

Karina Sánchez é unha das emprendedoras que participa no programa RR_

Karina Sánchez, impulsora de Fertilucus, é unha das emprendedoras que participa no programa RR_dTerritorio.

Programa RR_dTerritorio

O proxecto Fertilucus é uns dos 15 incluídos desde o pasado mes de xaneiro no programa RR_dTerritorio, impulsado pola Fundación Roberto Rivas, que conta co apoio da emprededora León Startup. Trátase dunha iniciativa de formación e incubación de emprendedores para promover o emprendemento social innovador en Galicia. En concreto levouse a cabo en sete comarcas galegas: Deza-Tabeirós, Melide, Chantada, O Carballiño, A Ulloa, Arzúa e Santiago.

O obxectivo do programa RR_dTerritorio é detectar o talento local e impulsar proxectos de emprendemento capaces de dar resposta ás necesidades de desenvolvemento das comarcas do interior de Galicia. De feito, os perfís de emprendedores e proxectos seleccionados responden ás demandas detectadas nos territorios e foron valorados en función da súa capacidade para converterse en realidade.

Formación e incubación

Os emprendedores seleccionados participan desde principios de xaneiro nun programa de incubación 100% experiencial que se caracteriza por estar conectado ao territorio e á súa realidade. Ademais, un dos puntos que diferencia a esta iniciativa doutras é que o equipo de formadores e mentores son emprendedores, persoas cunha ampla experiencia e traxectoria no desenvolvemento de ideas e negocios, de maneira que sirva de axuda aos novos emprendedores.

A formación teórica combínase con dinámicas prácticas, talleres e actividades de contacto co territorio a través da colaboración establecida coas empresas, axentes sociais e asociacións das comarcas. O programa de incubación presencial desenvolverase até mediados de abril nas instalacións do viveiro de empresas de Silleda (Pontevedra). Durante este tempo acompañan aos emprendedores no proceso de xestación das súas ideas e proxectos; facilítanlle o acceso á formación e tecnoloxía; transfírenlle experiencia e coñecemento; e facilítanlle o acceso a financiamento público e privado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información