Proxecto “EuroRural”: Estadías Profesionais no Rural Europeo para moz@s

Proxecto “EuroRural”: Estadías Profesionais no Rural Europeo para moz@s

O Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa participa un ano máis no proxecto EuroRural”: Estadías Profesionais no Rural Europeo. A iniciativa forma parte do proxecto Galeuropa da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e está dirixido a mozos/as con formación profesional agraria, veterinaria, enxeñería agrónoma, forestal…que queiran realizar unha estadía en explotacións e empresas do sector agrario.

En concreto, os participantes neste programa realizarán unha estadía dun mínimo de 2 meses, entre xullo e novembro deste ano, en ganderías , industrias agroalimentarias, servizos de asesoramento e aconsellamento ou servizos veterinarios de países da UE, preferentemente Portugal, Francia e Irlanda.

Para poder participar neste proxecto, as persoas interesadas deberán ter de 18 a 30 anos, non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación e non ter recibido accións educativas (> 40 horas mensuais) nos 90 días anteriores (30 días no caso de finalización de estudos oficiais)

A estadía inclúe formación lingüística, traslados, aloxamento, manutención e acompañamento ao estudante.

A data de inscrición remata o 10 de maio. As persoas interesadas poden informarse escribindo a efagalicia@efagalicia.org ou chamando ao 981733051. Hai dez prazas dispoñibles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información