Proxecto de Escola de Gandería extensiva no sur ourensán

Ovica porá en marcha unha formación para pastores co apoio do programa de Acción social no ámbito rural da Fundación La Caixa

Proxecto de Escola de Gandería extensiva no sur ourensán

Reunión de presentación da Escola nun dos concellos do ámbito de actuación.

A asociación Ovica, que agrupa ós principais produtores de ovino e cabrún de Galicia, proxecta poñer en marcha unha escola de pastores no sur ourensán. Trátase dunha proposta formativa específica en gandería extensiva e máis centrada na produción con ovellas e cabras. Terá un carácter principalmente práctico e levarase a cabo implicando 19 concellos do sur ourensán, dende Xinzo de Limia ata Viana do Bolo.

A iniciativa está apoiada pola Fundación A Caixa. Este mes tivo lugar a presentación de todos os proxectos seleccionados a nivel estatal, na sede de Fundación La Caixa en Madrid, e ó mesmo tempo comezaron as accións da primeira fase da Escola, coas roldas de presentación desta iniciativa ás distintas entidades implicadas no territorio.

Presentación das iniciativas apoiadas por Fundación La Caixa.

Presentación das iniciativas apoiadas por Fundación La Caixa.

O plan de acción ten como obxectivo a fixación de poboación no rural a través da formación en gandería extensiva, da que poidan xurdir iniciativas para que os espazos sexan de novo ocupados polo gando, mantendo a paisaxe e axudando á loita contra os incendios.

Para isto seleccionouse a zona de acción que comprende os concellos de A Gudiña, A Mezquita, Baltar, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Os Blancos, Riós, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia, cos que se están a levar a cabo as primeiras reunións para concretar os pormenores do proxecto.

Ademáis dos Concellos, haberá participación doutros organismos coma a Deputación de Ourense e os GDR locais, e ó atoparse na primeira fase, está aberto á participación doutras entidades relevantes do sector e o territorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información