Proxecto de apoio á dixitalización no agro

O consorcio Datalife, centrado na innovación dixital, celebrou unha xornada en Santiago sobre o proxecto HIBA, que está asesorando a unha vintena de empresas agroalimentarias da comunidade

Proxecto de apoio á dixitalización no agro

Ponentes da xornada celebrada en Santiago.

O proxecto transfronteirizo HIBA, que aborda a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia e Portugal, vén de celebrar unha xornada en Santiago enfocada na difusión de experiencias de innovación. O evento, coorganizado por Datalife, polo de innovación dixital, tamén puxo o foco sobre as posibilidades que se abren para as persoas mozas de enfocarse profesionalmente nos retos de dixitalización do agro. En concreto, citáronse liñas de traballo como a automatización de procesos, a agricultura de precisión ou o cálculo da pegada ambiental das producións.

Unha das participantes nas xornadas, Patricia Gallego, consultora de Elige Plus, coordina os plans de dixitalización de 20 compañías galegas dos sectores agro, gandería, forestal e mar, que se están impulsando no marco do proxecto HIBA. En canto á difusión de experiencias, tamén interviron Gabriel López, responsable de tecnoloxía en Viña Costeira; Pedro Maia, da adega lusa Quinta do Pinto, e Lucrecía García, de Real Conservera Española.

“A dixitalización do sector primario é unha oportunidade única para incorporar mozos á agricultura, sector forestal e pesca”, destaca Javier Doval, responsable de Transformación Digital no consorcio Datalife, no que se agrupan clústeres, centros tecnolóxicos, empresas tractoras e universidades galegas. “Temos un potencial tremendo no sector primario e un desafío, o relevo xeneracional”, lembrou.

Pola súa banda, o director do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, Luis Pérez, falou das tendencias tecnolóxicas agrotech e incidiu en que en Galicia “faltan profesionais cualificados” e en que o agro representa unha “oportunidade para as novas xeracións”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información