Proxecto CARES, castaña, resina e biomasa para un aproveitamento multifuncional do monte

A xornada de lanzamento da iniciativa desenvolverase o vindeiro xoves 12 de setembro en Cangas de Narcea (Asturias)

Proxecto CARES, castaña, resina e biomasa para un aproveitamento multifuncional do monte

O aproveitamento da resina nos piñeirais representa unha oportunidade de aumentar as rendas do monte.

Xerar emprego de calidade a través do aproveitamento complementario de diversos recursos forestais nos montes do noroeste peninsular é o obxectivo de fondo do proxecto CARES. A iniciativa, que se puxo en marcha este ano, desenvolverá a súa xornada de lanzamento o vindeiro xoves 12 de setembro en Cangas de Narcea (Asturias).

O proxecto CARES propón o aproveitamento multifuncional da castaña, a resina e a biomasa forestal residual como vías para unha xestión activa dos montes e para a xeración de emprego no rural.

O consorcio promotor do proxecto CARES está formado pola Fundación CETEMAS (coordinadora do proxecto), a Fundación Cesefor, o grupo de investigación PROePLA, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), PEFC España e a asociación de propietarios ‘Juntas de Montes de Asturias’(JUMA).

A posta en marcha deste proxecto foi posible grazas ao apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea -NextGenerationEU.

Na xornada do próximo xoves 12 mostraranse algúns dos traballos que xa comezaron a desenvolverse. Por exemplo, o establecemento das parcelas de innovación e de rendementos en Asturias, Galicia e León, nas que, no que respecta ao aproveitamento da resina, están a realizarse probas con sistemas mecanizados de pica circular e taladro en profundidade (Bore hole) e medindo os seus rendementos.

Programa
A xornada desenvolverase na Casa de Cultura Palacio de Omaña, co seguinte programa:

10:30h – Amelia González Arrojo, Fundación CETEMAS.
Bienvenida y presentación del proyecto.

11:00h – Aída Rodríguez García, Fundación CESEFOR.
Resina, castaña y biomasa: Aprovechamientos compatibles temporalmente para crear empleo de
calidad y de larga duración.

11:20 h – Manuel Marey Pérez, Grupo de investigación PROePLA-USC
Desarrollo e implementación de modelos técnicos económicos de productos complementarios con la resina.

11:40 h – Manuel Marín, PEFC España.
Desarrollo de la marca resina natural de Europa en función de criterios de gestión forestal y la calidad de la resina.

12:00 h – Pausa para café

12:30 h – Ovidio Queiruga, MVMC Baroña – Porto do Son.
El aprovechamiento resinero como complemento de una gestión forestal activa.

12:50 h – Sara Varela Romeu, Souto Activo.
Recuperación y puesta en producción del castañar de Vilar, de Folgoso de Caurel.

13:10 h – Mesa Redonda: Estrategia y directrices para implantar aprovechamientos complementarios temporalmente en la Comunidad autónoma de Asturias.
Juan Pedro Majada Guijo, Fundación CETEMAS.
Mª Dolores Hidalgo Fernández, JUMA.

13:55 h – Conclusiones y clausura del acto.
Cristóbal Valdés Amberes, Técnico Forestal responsable de la zona, Servicio de Montes de la dirección general de gestión forestal del Principado de Asturias.

14.30 h. – Comida.

As inscripcións poden facerse a través da web do proxecto.

Enfoque
Durante o desenvolvemento do proxecto preténdese transferir todo o coñecemento xerado nos últimos anos polos socios tecnolóxicos que participan no consorcio aos actuais modelos de xestión silvícola dos piñeirais atlánticos e en zonas especialmente despobladas.

As principais liñas de traballo vertébranse en tres partes:

  • Transferencia de modelos innovadores e optimización do aproveitamento resineiro para incentivar unha selvicultura activa e sostible no noroeste peninsular.
  • Creación de modelos técnico-económicos que permitan a combinación de diferentes aproveitamentos anuais complementarios entre si.
  • Divulgación dos principais resultados obtidos e formación integral dos modelos técnicos económicos xerados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información