A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Protección Verde, calidade na distribución de sementes, abonos e fitosanitarios

Protección Verde é unha firma nada no 2003 en Carballo (A Coruña), aínda que a súa orixe remóntase 60 anos, cando se creou Almacenes Agro. Coa posta en marcha de Protección Verde, buscábase unha especialización no suministro de sementes, abonos e fitosanitarios, ámbitos nos que a empresa se convertiu nunha referencia en Galicia.

A firma orientouse a unha distribución de produtos de calidade, acompañados da correspondente asesoría para os seus clientes. O amplo abano de produtos que traballan cubre as necesidades dos distintos sectores do agro, desde o gandeiro ao viñedo e á horta, xardín e planta ornamental.

Fertop Galicia

Desde o 2014, ademais, a empresa elabora os seus propios fertilizantes, coa marca Fertop, coa que ofrece tanto produto terminado como abonos blending (mesturas) para o sector agrario de Galicia, principalmente enfocándose a abonos de liberación controlada (ICL).

A maior parte da materia prima dos seus abonos procede de dúas marcas de referencia a nivel internacional, como son ICL e Eurochem.

Liña de abono para xardín e pequenos hortos
Para suministro a xardín e pequenos consumidores, a empresa creou unha liña específica de envases de pequeno formato (1 – 2 Kg.) que distribúe a toda España. É a gama Fertop línea Hobby, que ofrece solucións para horta, frutais, césped, xardín ou plantas ornamentais.

Pode consultarse nesta web a súa oferta específica para o sector de pequenas hortas e xardíns.

Contacto Protección Verde

  • Teléfono 981 732 852

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información