Prórroga de prazo para as asembleas das comunidades de montes veciñais

Prórroga de prazo para as asembleas das comunidades de montes veciñais

Monte veciñal. / Arquivo.

En función da evolución da situación de emerxencia sanitaria derivada da Covid-19, as comunidades de montes veciñais poderán aprazar a celebración das asembleas xerais anuais e a renovación de xuntas reitoras, así como a actualización do censo de comuneiros e do libro de contabilidade. Por tanto, tamén poderán aprazar a aprobación de actos obrigatorios pola normativa vixente, como a comunicación anual de reinvestimentos.

A medida foi publicada estes días na Lei de Acompañamento dos presupostos. A norma establece que cando a renovación da xunta reitora se vise afectada pola emerxencia sanitaria, a súa vixencia quedará prorrogada ata o 31 de decembro do 2021.

Durante ese tempo, as xuntas reitoras poderán tomar as decisións que resulten indispensables e necesarias para a boa gobernanza e xestión do monte veciñal en man común. Unha vez finalizado este período excepcional, deberán informar cumpridamente ós comuneiros da totalidade dos acordos adoptados e dos motivos que xustificaron a súa adopción, e, así mesmo, deben ser expresamente referendados na primeira asemblea xeral que teña lugar, en canto a situación sanitaria o permita.

As modificacións previstas na disposición publicada pola Xunta serán aplicables directamente ás comunidades de montes en man común, con independencia do que dispoñan os seus estatutos. Non obstante, cando se pretenda modificar os estatutos vixentes, estes deberán adaptarse integramente ao disposto nesta norma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información