Proposta de aprobación do polígono agroforestal de Cualedro, en Ourense

Esta iniciativa abarca 63,71 hectáreas e terá como actividade principal a gandería en extensivo e cultivos complementarios

Proposta de aprobación do polígono agroforestal de Cualedro, en Ourense

Zona afectada por lumes en Cualedro. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a proposta de aprobación do proxecto básico do polígono agroforestal de Cualedro, na provincia de Ourense. O documento inclúe o estudo de viabilidade, revisión do parcelario, delimitación de exclusións, investigación da titularidade e compromisos de adhesión ao proxecto.

A iniciativa, desenvolta ao amparo da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, abarca unha superficie final de 63,71 hectáreas, distribuídas en 71 parcelas de 115 propietarios. A actividade principal do polígono centrarase, para a maior parte da súa superficie, na gandería en extensivo e, para a restante, nunha explotación mixta de gandería en extensivo e cultivos complementarios ao aproveitamento gandeiro.

Tamén se realizarán actividades secundarias como cultivos agrícolas, o mantemento de vexetación de ribeira e plantación de árbores para a obtención de froito. Este é un dos 34 polígonos agroforestais en proceso na nosa comunidade, 21 deles na provincia de Ourense.

A Lei de recuperación da terra agraria tamén conta con outros instrumentos de mobilización como as aldeas modelo, as agrupacións forestais de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario; a parte das reestruturacións e concentracións parcelarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información