Propoñen que o Ministerio de Agricultura rebaixe o tamaño máximo permitido para unha granxa de leite de 850 a 180 vacas

Propoñen que o Ministerio de Agricultura rebaixe o tamaño máximo permitido para unha granxa de leite de 850 a 180 vacas

A  Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG) advirte de que a proposta do Ministerio de Agricultura para a ordenación do sector bovino expulsaría a 10.470 gandeiros/as lácteos (92% do total) e a 19.936 de vacún de carne (95%), segundo a primeira estimación realizada polos Servizos Técnicos desta organización.

“Co tamaño medio límite proposto polo MAPA,  850 Unidades de Gando Maior por granxa (850 vacas ou 2.125 tenreiros), tan só serían necesarias 954 explotacións para producir o volume de leite que hoxe xeran 11.424.  No caso das explotacións de cebo, para manter o censo que actualmente xestionan 21.057 gandeiros de vacún de carne do noso territorio, unicamente serían necesarios 1.121 cebadoiros. As grandes empresas integradoras desvinculadas do territorio, serían as máis beneficiadas”, advirten desde a organización agraria.

Para evitalo, COAG propón un límite de 180 UGM (180 vacas ou 450 tenreiros) por explotación, que en produción láctea inclúe a o 93?2% das explotacións actuais do Estado español e en cebadoiros ao 98%. “Por exemplo, no sector lácteo a media actual de animais por explotación en bovino de leite é 62 (fonte REGA) para o conxunto do Estado con diferenzas territoriais que apuntan ao máximo nº de animais por explotación situado en Valencia cunha media por explotación 286 animais (fonte REGA), moi afastados das 850 UGM propostas polo MAPA”, apostilou Gaspar Anabitarte, responsable do sector lácteo de COAG.

coag decreto granxas 2

Naqueles casos nos que gandeiros e gandeiras quixesen asociarse situando aos seus animais nunha mesma localización, co obxectivo de poder mellorar as súas condicións de vida (a través dunha repartición de tarefas que lles permitise dispor dalgún día libre por quendas, por exemplo), desde COAG propoñen que o límite de 180 UGM puidese incrementarse até un máximo do 50%. “É dicir, que, en caso deste tipo de asociacións, o máximo de 180 UGM podería incrementarse unicamente até 270 UGM e unicamente se, como dicimos, se trata dunha asociación de gandeiros/as que perseguise dita finalidade”, precisan. Segundo a proposta de COAG “non habería novas explotacións de máis de 180 UGM pero iso non suporía o peche das explotacións que xa existen no noso territorio por riba dese tamaño”.

“Queremos unha gandaría con gandeiros e gandeiras. A nosa proposta é unha aposta de futuro polo medio rural na que a gandaría conta cun forte tecido social, con persoas e non grandes empresas integradoras totalmente desvinculadas do territorio no que se asintan. En COAG defendemos un modelo de gandaría de pequenas e medianas explotacións profesionais que teñen vínculo coa terra e o territorio. Desa maneira será moito máis factible cumprir os compromisos internacionais adquiridos así como as expectativas da sociedade actual: camiñar cara a un modelo de produción máis sustentable, garantindo o abastecemento de alimentos de calidade a un prezo xusto”, subliñou Anabitarte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información